La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

24 Febrero 2011

ACLARACIONS Do Foro Social “TEMOS DEREITO A SABER” ANTE O PUBLICADO NO BOLETIN DO PSde G-PSOE DE RIBADAVIA

Días atrás o PsdeG-Psoe de Ribadavia repartiu nos buzons dos veciños un boletín informativo no que expoñen os seus logros políticos, e ademais relatan a sua posición sobor da pranta de incineración de lixo a instalar no sur de Galicia polo PP.

Nada temos que decir como Foro ao respecto dos temas tratados en dito boletín, salvo que compartimos a oposición a instalación da incineradora no Ribeiro, como antes fixemos contra o Parque de refugallos de Carballeda. Tampouco faremos comentario algún sobor das acusacions que se fan contra o PP no tema da incineradora, sendo este partido o que terá que defenderse se quere e pode. Pero no que non imos permanecer calados, é nas descalificacions que se fan a xente de este Foro, como os do “Parque Medioambiental NON”.

Por eso temos que sinalar:

Un partido que se dí democrático non pode sacar un boletín para despreciar a unha plataforma veciñal polo simple feito de estat en contra do seu proxecto de instalación no Ribeiro dunha macroplanta de lixo , o mal chamado “Parque Medioambiental de Carballeda de Avia”.

Frases como :

estes que antes enarbolaban a bandeira do PARQUE AMBIENTAL NON estarán agochados baixo o paraguas do PP”.

“personas que buscan ter o estómago quente

“a estes non os veremos defendendo os intereses de todos, xa fixeron o seu traballo, e están a espera de pasar por caixa”.

O Foro Social “Temos Dereito a Saber”, pregúntase ¿Quen nese partido pode destilar tanto odio?.

Podemos entender que non se estea dacordo cos nosos prantexamentos pero declaracións como estas demostra un “talante” de calquer tipo menos democrático.

¿ Quen quere realmente crear confrontación social ?

¿ Como se pode utilizar un discurso tan “carroñeiro ” nun boletín electoralista , encabezado cunha gran foto polo alcalde de Ribadavia? Un alcalde que é o alcalde de todos non deberia facer campaña electoral descalificando a gran parte dos veciños desta comarca por pensar diferente e por opoñerse a macroplanta de lixo de todo o sur galego que se pretendía instalar en Carballeda.

A NOSA POSTURA NON CAMBIOU ; NIN PARQUE MEDIOAMBIENTAL NIN INCINERADORA NO RIBEIRO

Dixerón que o Foro “ Temos dereito a saber “ estaba politizado. A plataforma do Parque Parque SI está encabezada por un senador , un concelleiro de Ribadavia e o alcalde de Carballeda ,todos eles do  PSde G-PSOE. ¿ QUEN ESTA POLITIZADO ? ……

A planta sur a cal queriase instalar en Carballeda pola anterior consellería de Pachi Vazquez era para tratar o mesmo lixo , as mesmas toneladas , todolos refugallos das provincias de Pontevedra e Ourense. Agora resulta que solo contamiñan as incineradoras. Agora os residuos cheiran e levan vertedoiro . Antes non. Agora os de Xinzo dicen que estragará a colleita das patacas si se instala nesta comarca . Antes o viño non lle ia pasar nada , agora si.

Antes falabades de contaminación CERO. Nin o aire nin a auga nin o solo. Resulta que no PXOUM de Ribadavia a auga de abastecemento público do regato de Maquinas quedaba completamente descartada por perigo de contaminación e tiñan que facer un abastecemento novo captando a auga do Miño, si chegaba a facerse o parque de Carballeda.

Falabades de que so instalaríades empresas LIMPAS e xa tiñan unha empresa que xa mercara terreos en Carballeda : DANIGAL . Empresa que xestiona o macrovertedoiro de Areosa en Sogama e que está imputada na contaminación do río lengüelle e no mayor escándalo lo lixo en España : a acumulación de 12.000 toneladas de medicamentos no vertodoiro de Areosa que no foron queimados.

Para Carballeda de Avia tamén viñan 300. 000 toneladas de lodos de tódalas depuradoras galegas. Eso tamén era a reciclaxe da que tanto falabades. Eses lodos non ián cheirar, en cambio si cheiran os de Lamas –Leiro que é unha planta comarcal.

A planta que o Sr. Pahi Vazquez quería instalar era o modelo de NOSTIAN que está perto da cidade da Coruña . Planta que produce gas metano , que cheira moi mal e que ten varios macrovertedoiros asociados . Planta na que xa estouparon dous biodixestores e donde cerca dunha media do 30% dos traballadores que cobran salarios mínimos están de baixa por enfermedades relacionadas co lixo .

¡¡¡ ESAS SON AS EMPRESAS LIMPAS, DE RECICLAXE, E OS GRANDES POSTOS DE TRABALLO PARA A XENTE DO RIBEIRO !!!.

¿ Como se pode defender a instalación de todo o lixo do sur galego incluidos residuos perigodos e 300.000 tonelas de lodos en Caraballeda de Avia e agora abanderar a Non incineración?

Vai resultar que a diferencia entre levar chimenea ou (casi) non levala, nunha macroplanta de tratamento de lixo , transforma completamente a estratexia, que pasa do Si o Parque Merdoambiental, o Non a incineración.

SE ALGO CHEIRA MAL NESTE ASUNTO É A VOSA POSTURA

NIN MACROPARQUE MEDIOAMBIENTAL, NIN INCINEADORA, PORQUE A SAUDE NON SE RECICLA

Publicacións na prensa contra a incineradora:

El Foro Social de O Ribeiro rechaza la planta de basura.16-1-211. La Voz de Galicia

«Temos dereito a saber» rechaza la incineración en O Ribeiro . 13-6-2010 . La Voz de Galicia

servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense) frente a instalación de unha macroplanta de tratamento de residuos en Carballeda de Avia. Na actualidade este foro xa non está activo posto que o proxecto de Carballeda foi rexeitado. Este blog e toda a información que foi recollendo queda a disposición de todas aquelas persoas que queiran consultalo e que poidan atoparse ante unha siuación parecida. naturaribeiro@gmail.com naturaribeiro

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera