La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

24 Junio 2009

¡¡¡GAÑAMOS TOD@S , a saúde e o medioambiente tamén!!!

http://geografia.laguia2000.com/wp-content/uploads/2008/04/vuilnis_bij_essent_milieu.jpg

A Xunta rexeita o Parque Medioambiental de Carballeda

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou onte ( 23-6-209) no Parlamento de Galicia  o rexeitamento ao Parque Medioambiental de Carballeda de Avia en Ourense e suliñou  que o Goberno galego vai anular este proxecto que “conta co rexeitamento manifesto da maioría social e mesmo dos técnicos do organismo encargado da súa promoción”.

Na súa comparecencia, o responsable de Medio Ambiente da Xunta asegurou que este proxecto  xa estaba paralizada polo seu promotor, a anterior Consellería de Vivenda e Solo, desde decembro de 2008, xa que consideraba inviable esta actuación.

Hernández concretou que son moitos os datos que ofrece o informe da Dirección Técnica de Solo do IGVS do 23 de decembro de 2008, que conclúe que o proxecto é inviable, entre outros:

  1. A autovía A-52 atravesa o ámbito de actuación dividíndoo en dúas partes, una ao norte e outra ao sur da mesma. O Ministerio de Fomento propón un enlace coa autovía a través da N-120, cun custe aproximado de 15 millóns de euros. O informe do IGVS di que se esta é a única solución para a conexión viaria se debería reconsiderar a ubicación do parque.
  2. A topografía dos terreos onde se pretende emprazar o parque é moi complicada, existindo un desnivel de aproximadamente 50 metros entre as cotas superior e inferior. Estímase que o custe de movemento de terras pode representar o 40% do total do custe de urbanización interna do parque.
  3. As condicións do terreo, a presenza da autovía cruzando o ámbito e outros viais de acceso a Carballeda de Avia fan que a superficie dedicada a parcelas de uso industrial sexa un porcentaxe moi baixo do total do ámbito, polo que o prezo estimado de venda por metro cadrado supera os 100 euros, moi alto para a zona.
  4. Importante impacto paisaxístico.
  5. Alto custe das conexións exteriores de electricidade, abastecemento e saneamento:
    1. Para o abastecemento de auga habería que facer unha nova captación no río Miño, cunha estación de bombeo a máis de cinco quilómetros do parque empresarial.
    2. Para o saneamento sería preciso a construción dunha nova EDAR para 6.000 habitantes equivalentes.
    3. Para o subministro de enerxía eléctrica habería que instalar una liña de media tensión soterrada dende a subestación de Castrelo do Miño, a máis de cinco quilómetros de distancia.

Resume do proxecto

Segundo os datos dispoñibles, o departamento de Agustín Hernández recorda que o obxectivo dese proxecto sectorial era a creación dun gran polígono ambiental centrado no tratamento e reciclaxe de residuos no sur de Galicia, nunha superficie dunhas de 80 hectáreas, no concello ourensán de Carballeda de Avia.
As razóns que alegou o anterior Goberno para a elección do lugar eran, entre outras, a súa situación estratéxica, a súa boa comunicación, a existencia dun PXOM do término municipal e a posibilidade de ofrecer a superficie requirida.
A idea era que se asentaran alí, entre outras, plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos, aceites vexetais e animais, aparellos electrónicos, disolventes, metais e compostos metálicos, pneumáticos fóra de uso, papel e cartón, plásticos, tóner e cartuchos de tinta ou ácidos.

O conselleiro, por último, fixo un somero acopio de datas, actuacións e informes, ata concluir que "o IGVS, organismo promotor das obras, non someteu a información pública o Proxecto Sectorial e paralizou a súa tramitación, seguindo as indicacións do informe da súa Dirección Técnica de Solo, que o 23 de decembro de 2008 considera inviable esta actuación".

Agustín Hernández referíuse, concretamente, ás seguintes:

- Para levar a cabo o proxecto, en marzo de 2007, hai máis de dous anos, asinouse un convenio entre as dúas consellerías mencionadas, Medio Ambiente e Vivenda, Xestur Ourense e o propio concello de Carballeda de Valdeorras.
A Consellería de Vivenda estimaba o custo total do Parque nuns 40 millóns de euros.
Segundo o convenio o investimento para o 2007 ascendía a 4 millóns de euros.

- O 17 de decembro de 2007 o IGVS presentou a comunicación do inicio do procedemento de elaboración do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial.

- O 3 de xaneiro de 2008 a D.X. de Desenvolvemento Sostible concluíu que o proxecto podería ter efectos negativos sobre o medio natural, polo que tería que someterse ao procedemento avaliatorio.

- O 14 de abril de 2008 a D.X. de Desenvolvemento Sostible emitiu o Documento de Inicio, sen que desde entón (abril 2008) se tivera recibido máis comunicación en referencia a este proxecto, continuando a día de hoxe á espera de que o IGVS remitira a documentación para a realización da memoria ambiental.

- Pola súa parte, o IGVS, organismo promotor das obras, non someteu a información pública o Proxecto Sectorial e paralizou a súa tramitación, seguindo as indicacións do informe da súa Dirección Técnica de Solo, que o 23 de decembro de 2008 considera inviable esta actuación.

Ourense dixital

Noticias publicadas  neste blog que foron confirmadas polo conselleiro:

O río  maquiáns quedaba completamente descartado para abastecemento do concello de Ribadavia:

Alegaciones al PXOM del concello de Ribadavia

Nunca houbo enlace directo coa A -52 , o enlace fariase pola N-120

Os camións con lixo pasaran polos pobos do Ribeiro

O parque de Carballeda trataría residuos sólidos urbans (materia orgánica) e residuos industriais ainda que o alcalde de Carballeda seguia decindo que non viria nin un gramo de lixo

Mentiras y datos

servido por avia 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

sufranda

sufranda dijo

http://www.laregion.es/noticia/95544/ourense/baltar/blanco/ribeir...

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/06/30/0003_7818046.htm

E despois de saber todo esto, ¿qué?. Penso que temos que tomar medidas e esixir a dimisión de todos os promierda con cargo político.
Menuda tomadura de pelo.
Gracias José Manuel.

30 Junio 2009 | 10:24 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera