La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

16 Febrero 2009

GALIZANONSEVENDE , manifestación en Santiago

Milleiros de persoas chegadas de toda Galiza convertiron a praza da Quintana nun escenario dende o que se clamou pola vida. A vida dos nosos mares e da nosa terra. A vida da nosa xente, dos coetáneos e dos vindeiros. Un berro que advirte aos gobernantes que non hai diñeiro suficiente para mercar o mellor patrimonio dos galegos. Que a dignidade non ten prezo. Escribía García Lorca que na Quintana dos mortos bailaba a triste lúa coronada de toxos. Hoxe foi o sol o que alumeou un acto no que se reivindicou a comunión do home co seu entorno.

"Como se pode comprar o azul do ceo ou a calor da terra? Quen pode vender o vento, as ondas do mar ou a luz do mencer? O ser humano non pode posuír a terra, como tampouco pode ser amo do ceo, do frescor do aire ou do brillo da auga. Nós somos unha parte da Terra, e ela é unha parte de nós".(1)

Por iso estamos aquí, para amosar que aínda mantemos intacta a nosa dignidade de pobo que non quere morrer. Para defender a paisaxe, a natureza, a Terra, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Para reclamar o noso dereito a unha terra viva e a unha vida digna.

Para berrar unha vez máis, con voz unánime, forte e clara:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Leer máis

servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense) frente a instalación de unha macroplanta de tratamento de residuos en Carballeda de Avia. Na actualidade este foro xa non está activo posto que o proxecto de Carballeda foi rexeitado. Este blog e toda a información que foi recollendo queda a disposición de todas aquelas persoas que queiran consultalo e que poidan atoparse ante unha siuación parecida. naturaribeiro@gmail.com naturaribeiro

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera