La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

13 Enero 2009

A trampa da reciclaxe

Elaborado por rede ribeiro


A verdade sobre o vertedeiro de Carballeda de Avia.

POR QUÉ NOS ELIXIRON?

Porque as prantas de lixo galegas están colapsadas e Carballeda dispuña dun terreo calificado á beira da Autovía A-52, con servizos e auga moi accesibles. A NOSA “PROSPERIDADE” NON LLES INTERESA EN ABSOLUTO.

Porque concentrar o lixo é barato: depositar nun único punto TODO O LIXO INDUSTRIAL DO SUR GALEGO reduce moito os gastos en transporte e instalacións.

Porque as zonas rurais somos menos conflictivas. A Xunta sabe que os habitantes rurais temos menos capacidade para defendernos dun proxecto que sería amplamente rexeitado cerca das cidades.

Porque a nosa saúde non lles importa. Para que o Sur se lucre necesitan que o Ribeiro asuma o papel de “mártir medioambiental”. Sufriremos un vertedeiro que contaminará 23 poboacións nun radio de 2 km para que as cidades estean cómodas.

PROXECTO OCULTO

Non se desvelou nin un dato técnico sobre o tipo de industrias ou a tecnología que se usará desoís de 2 anos de reclamación social. Nin sequera se atreveron a decir con certeza que tipo de residuos acolleremos.

O conselleiro de medio ambiente negouse a recibir aos ecologistas e aos veciños do Ribeiro para informalos sobre o Parque. O motivo? Ao parecer el “non se senta con 10 señores do PP”

A censura informativa foi absoluta. Telearnoia foi silenciada, impediron programas de radio, dificultaron exposicións sobre o tema e ata prohibiron, baixo ameaza, expoñer carteis.

Eliminaron o nome de Carballeda do borrador do plan de residuos. Par evitar calquera reacción ata borraron a mención da localidade onde se instalará a única pranta en trámite de toda a provincia: Carballeda de Avia.

O PSOE creou unha “asociación cidadana” ficticia: É a “Plataforma do Sí”

O ENGANO DA RECICLAXE

As actuais técnicas de reciclaxe non sirven para eliminar os refugallos. So se consegue reutilizar unha mínima parte.

Os ecologistas insisten na reducción de residuos en orixe e na descentralización de prantas. A Xunta prefire eliminalos nun únio e descomunal emprazamento.

As irregularidades son constantes entre o empresariado deste sector. Saltar os custosos tratamentos dos residuos é tan habitual como pouco vixiado polas autoridades.

A promesa dunha solución baseada na “reciclaxe limpa” e directamente falsa.

ANTECEDENTES QUE ASUSTAN

A mala xestión é o habitual. A mayor parte das instalacións “recicladoras”funcionan como simples depósitos onde se soterran a baixo prezo enormes volumes de lixo sen control.

Antecedentes preocupantes: Nostián, Ribesalbes, Ecoparc 2…Sobre Nostián, dí a prensa: “expuesta como pionera de reciclaje […] ha acumulado desde su inauguración tantas toneladas de desperdicios que ha acabado convirtiéndose en un gigantesco basurero y un grave problema para el medio ambiente”.

Averías, accidentes e descontrol: Nostián […] reventón de uno de los biodigestores que derramó más de 300 toneladas de basuras”. A pestilencia foi insoportable varios kilómetros arredor.

Pese á ocultación, saiu a luz que a empresa “DANIGAL” virá para Carballeda. E de momento xa sabemos que está implicada en verquidos contaminantes.

O PARQUE DAS MENTIRAS

Mentiu a Conselleira de Vivenda e Solo do BNG, cando prometeu que se oporía ao proyecto se había rexeitamento social. Desoís dos 2.000 manifestantes e das miles de sinaturas en contra, segue impulsando o Plan para acoller a pranta.

Contradinse os conselleiros, o Director Xeral de Augas, o Alcalde de Carballeda….Uns manteñen que se tratarán 300.000 toneladas de pestilentes LODOS de depuradoras ó ano, outros aseguran que non.

Mentiu a dita Consellería sobre a extensión da instalación: prometeu que non se superarían os 800.000 metros cadrados. Hoxe xa son 1.200.000 metros cadrados.

Mentiu o Alcalde de Carballeda de Avia cando divulgou que “foron superados todos os estudos de viabilidade e impacto”. Non existía ningún.

Mentiu o Conselleiro Pachi Vázquez ao asegurar que os residuos que traerán non serán “nin sólidos nin tóxicos, nin perigosos”. Moitos están legalmente clasificados como PERIGOSOS pola propia Xunta (tóner, disolventes, ácidos e bases, plásticos…).

Mentiron ao decir que non virán RESÍDUOS SÓLIDOS URBÁNOS. Negárono repetidamente, pero o Borrador do Plan de Residuos desvela que traerán residuos orgánicos, envases, “fracción resto”… en suma: lixo das cidades.

Mentiron cando prometeron un desvío na autovía. No Congreso o PSOE contestou unha pregunta forma da oposición asegurnado que NON HABERÁ saída directa dende a A-52.

Minten ao manifestar que é legal. A instalación sitúana lonxe de onde se xeneran os residuos, concentra demasiada cantidade e variedade de restos e, sobre todo, está a só 500 metros das vivendas. Xusto o contrario que establece a Lei.

FUMES INVISIBLES, LIXO SOTERRADO

Haberá incineración. As tecnoloxias que prometen tamén supoñen incineración (FONTE GREENPEACE) “Son las llamadas plantas de gasificación, pirólisis, termólisis y plasma. Estas tecnologías calientan los materiales residuales a altas temperaturas […] un proceso que emite también contaminantes peligrosos. La Unión Europea considera a estas tecnologías como incineración”.

Haberá vertedeiros. Prometeron: “nin un gramo de lixo enterrado”. Pero hoxe no Borrador do Plan de Residuos recoñécese expresamente a instalación de VERTEDEIROS controlados.

Deteriorará o entorno. Consta por escrito que descarán rios como o Maquiáns, que deixará de ser de uso público. Tamén afectarán zonas protexidas e contaminará gravemente o aire e as augas dos pobos dos arredores.

UN SERIO PERIGO PARA A SAÚDE

A pranta emitirá sustancias dañinas como metais pesados, partículas, furanos e sobre todo, dioxinas altamente tóxicas para as persoas: NUNGÚN FILTRO OU TECNICA PODE EVITALO.

Os vertedeiros sempre desprenden contaminantes ao aire e ás augas subterráneas: “Con casi seguridad emigrarán de estos depósitos al medio ambiente.” Esto é o que di Greenpeace sobre os vertedeiros “controlados”…

Traballar con grandes cantidades de residuos tóxicos supón un risco enorme de padecer enfemidades e accidentes laborais (explosión, abrasivos, inhalacións, ácidos…) riscos que recoñece a propia administración.

Os mais de 500 camións diarios portadores do lixo e a propia maquinaria da Pranta xenerarán importantes cantidades de gases moi perxudiciais para a saúde.

NON NECESITAMOS O LIXO.

O viño xenera 7.000 empregos pero o prestixio do Ribeiro quedaría destruido co vertedeiro, tal como ocorreu en Ascó (Tarragona) e Alcantarilla (Murcia) denominacións de orixe que perderon a categoría por culpa deste tipo de instalacións.

Os expertos en turismo termal consideran ao Ribeiro como o lugar de mayor proxección da provincia: Laias, A Arnoia, Berán e Prexigueiro supoñen inversións sostibles e empregos de gran calidade.

A nosa privilexiada proximidade as grandes cidades xa está atraendo industrias sanas. Ademais, favorece a hostelería, o comercio e o turismo enolóxio e cultural de moita importancia na Comarca.

Dispomos do solo industrial mais cobizado de Galiza. A gras escaseza de chan industrial permitirá que sigan chegando ao Ribeiro empresas limpas e prósperas. É absurdo regalar o noso espazo para que as cidades solten o seu lixo.

A QUÉN CRER?

Aos políticos? “Quedarían moi ben situados” tras a fabulosa inversión do Vertedeiro, que pode converter uns humildes concellos en localidades con grandes movementos de capital e importantes ingresos nas arcas municipais…

Aos que se opoñen? Que poden gañar oponiéndose? En principio só poden perder. Perden contratos, axudas administrativas e postos de traballo que ofrecen os concellos. E ademais, padecen fortes críticas dos veciños mais dóciles..

Os ecoloxistas, os datos científicos e os antecedentes non enganan: o Vertedeiro contaminará gravemente a nosa Comarca.

Querennos converter en “mártires medioambientais”. Pretenden que as cidades do sur galego prosperen cómodamente a costa da nosa saúde.

Esta inxustiza non vai desaparecer sin mais, e só nos queda unha saída: FACER PÚBLICA A PROTESTA.

(Rederibeiro carece de filiación politica.
Os datos contidos neste folleto baséanse en publicacións solventes e fontes oficiais
Opoñémonos ao proyecto ilegal promovido por PSOE e BNG e consideramos insuficiente o rexeitamento do Partido Popular).

servido por avia 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Miño

Miño dijo

Pois para os defensores do parque que vain tomando nota do vertedoiro de Areosa e a xestión de Danigal.

http://www.xornal.com/article.php?sid=200901210131450007

22 Enero 2009 | 11:13 PM

maquians

maquians dijo

a sangría continua, agora xa desprezan o regato de maquians para abastecer Ribadavia de auga potable porque no se pode confíar na calidade das aguas cando construan o "merdeiro" de Carballeda.
As alternativas que plantexa o PXOM de Ribadavia, son o Brull, ou o Miño, e claro deciden que o mellor e o Miño. Non chega con chapar a merda solida en Carballeda, senon que tamen beberemos a merda liquida de Ourense capital, e cheiraremos os gases dos lodos das depuradoras.
Merda, merda, e merda.

23 Enero 2009 | 07:19 PM

El Pais

El Pais dijo

A Coruña envía a un vertedero de Sobrado la basura que aún no puede quemar en Sogama

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Coruna/envia/vertedero/Sob...

Se creó Cerceda y está que rebosa. Se creó Nostian y ahora todo lo que le sobra va a Sobrado ( valga la redundancia) . ¿ Alguien piensa que Carballeda de Avia va a ser diferente ? . El futuro ya es presente .

28 Enero 2009 | 06:10 PM

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera