Os camións con lixo pasarán polos pobos do Ribeiro

O Parque medioambiental de Carballeda de Avia non terá acceso directo dende a autovia A-52 tal e como decian os políticos e a plataforma do Si. A información procede do Ministerio de Fomento e son documentos oficiais.
As prescripcions técnicas ubican o enlace dende o punto quilométrico 602 da N-120 ata o Parque, cun trazado aproximado de 4 quilómetros. Partirá da zona de entrada a Quins dende a N-120 transcurrindo por Vilaverde ou entre dito pobo e Barcia pasando por San Esteban de Novoa ou as súas cercanías, e non a través dun enlace directo coa A-52.
Os camións con lixo pasarán polos pobos do Ribeiro e os veciños sufrirán as consecuencias que este tránsito representa: Ruido , malos cheiros e contaminacíón.
Dende Vigo : Quins- Barcia -Vilaverde - San Esteban de Novoa
Dende Ourense: Cooperativa vitivinícola do Ribeiro- A Quinza- San Cristovo -Ribadavia - Franqueirán - Quins- Barcia -Vilaverde - San Esteban de Novoa
Esta é a problemática que están a sufrir os veciños da localidade de Ordes.
Problemática veciñal en Ordes polo paso de camións de Sogama
SOGAMA emporca Ordes cos seus camións ( Vídeo Youtube)
E isto e o que ocurre en Perales del Río ( Madrid)
Perales del Río: viviendo entre la basura
Vecinos de Nostián y Bens ( A Coruña)
"La planta de reciclaje no funciona, desde el momento que los camiones de basura se vacian en el nuevo basurero (solo lo han cambiado de sitio,el nombre es el mismo) y despues de remover la basura (es cuando huele) va a la cinta, solo hay problemas cuando huele en Maria Pita, el resto del tiempo aguantar ,alguien tendra que tomar cartas en el asunto, aumentando los biodigestores, mas personal. Su olor igual al vertedero de bens cuando se cayo. "
"Los vecinos de Bens estamos hartos. Nuestro mar tiene dentro un lago extenso de color asqueroso que se diferencia en la inmensidad del océano.
Nuestra cala fue estropeada hace muchos años y en lugar de recuperarla nos estropean la isla de la Redonda que era nuestro lugar de ocio en el verano. Todo esto se lo debemos a la depuradora que en mi opinión mejor se ubicaría en el puerto exterior
La planta de tratamientos de residuos nos la vendieron como algo ecológico y desde siempre es un foco de malos olores y desde nuestras casas vemos un vertedero con sus correspondientes gaviotas."

o parque das mentiras dijo
“A TRAMPA DA RECICLAXE”. Guía rápida para salvar ó Ribeiro.
A verdade sobre o vertedeiro de Carballeda de Avia.
Por qué nos elixiron?
Porque as prantas de lixo galegas están colapsadas e Carballeda dispuña dun terreo calificado á beira da Autovía A-52, con servizos e auga moi accesibles. A NOSA “PROSPERIDADE” NON LLES INTERESA EN ABSOLUTO.
Porque concentrar o lixo é barato: depositar nun único punto TODO O LIXO INDUSTRIAL DO SUR GALEGO reduce moito os gastos en transporte e instalacións.
Porque as zonas rurais somos menos conflictivas. A Xunta sabe que os habitantes rurais temos menos capacidade para defendernos dun proxecto que sería amplamente rexeitado cerca das cidades.
Porque a nosa saúde non lles importa. Para que o Sur se lucre necesitan que o Ribeiro asuma o papel de “mártir medioambiental”. Sufriremos un vertedeiro que contaminará 23 poboacións nun radio de 2 km para que as cidades estean cómodas.
PROYECTO OCULTO.
Non se desvelou nin un dato técnico sobre o tipo de industrias ou a tecnología que se usará desoís de 2 anos de reclamación social. Nin sequera se atreveron a decir con certeza que tipo de residuos acolleremos.
O conselleiro de medio ambiente negouse a recibir aos ecologistas e aos veciños do Ribeiro para informalos sobre o Parque. O motivo? Ao parecer el “non se senta con 10 señores do PP”
A cenSura informativa foi absoluta. Telearnoia foi silenciada, impediron programas de radio, dificultaron exposicións sobre o tema e ata prohibiron, baixo ameaza, expoñer carteis.
Eliminaron o nome de Carballeda do borrador do plan de residuos. Par evitar calquera reacción ata borraron a mención da localidade onde se instalará a única pranta en trámite de toda a provincia: Carballeda de Avia.
O PSOE creou unha “asociación cidadana” ficticia: É a “Plataforma do Sí”
O ENGANO DA RECICLAXE:
As actuais técnicas de reciclaxe non sirven para eliminar os refugallos. So se consegue reutilizar unha mínima parte.
Os ecologistas insisten na reducción de residuos en orixe e na descentralización de prantas. A Xunta prefire eliminalos nun únio e descomunal emprazamento.
As irregularidades son constantes entre o empresariado deste sector. Saltar os custosos tratamentos dos residuos é tan habitual como pouco vixiado polas autoridades.
A promesa dunha solución baseada na “reciclaxe limpa” e directamente falsa.
ANTECEDENTES QUE ASUSTAN.
A mala xestión é o habitual. A mayor parte das instalacións “recicladoras”funcionan como simples depósitos onde se soterran a baixo prezo enormes volumes de lixo sen control.
Antecedentes preocupantes: Nostián, Ribesalbes, Ecoparc 2…Sobre Nostián, dí a prensa: “expuesta como pionera de reciclaje […] ha acumulado desde su inauguración tantas toneladas de desperdicios que ha acabado convirtiéndose en un gigantesco basurero y un grave problema para el medio ambiente”.
Averías, accidentes e descontrol: Nostián […] reventón de uno de los biodigestores que derramó más de 300 toneladas de basuras”. A pestilencia foi insoportable varios kilómetros arredor.
Pese á ocultación, saiu a luz que a empresa “DANIGAL” virá para Carballeda. E de momento xa sabemos que está implicada en verquidos contaminantes.
O PARQUE DAS MENTIRAS:
Mentiu a Conselleira de Vivenda e Solo do BNG, cando prometeu que se oporía ao proyecto se había rexeitamento social. Desoís dos 2.000 manifestantes e das miles de sinaturas en contra, segue impulsando o Plan para acoller a pranta.
Contradinse os conselleiros, o Director Xeral de Augas, o Alcalde de Carballeda….Uns manteñen que se tratarán 300.000 toneladas de pestilentes LODOS de depuradoras ó ano, outros aseguran que non.
Mentiu a dita Consellería sobre a extensión da instalación: prometeu que non se superarían os 800.000 metros cadrados. Hoxe xa son 1.200.000 metros cadrados.
Mentiu o Alcalde de Carballeda de Avia cando divulgou que “foron superados todos os estudos de viabilidade e impacto”. Non existía ningún.
Mentiu o Conselleiro Pachi Vázquez ao asegurar que os residuos que traerán non serán “nin sólidos nin tóxicos, nin perigosos”. Moitos están legalmente clasificados como PERIGOSOS pola propia Xunta (tóner, disolventes, ácidos e bases, plásticos…).
Mentiron ao decir que non virán RESÍDUOS SÓLIDOS URBÁNOS. Negárono repetidamente, pero o Borrador do Plan de Residuos desvela que traerán residuos orgánicos, envases, “fracción resto”… en suma: lixo das cidades.
Mentiron cando prometeron un desvío na autovía. No Congreso o PSOE contestou unha pregunta forma da oposición asegurnado que NON HABERÁ saída directa dende a A-52.
Minten ao manifestar que é legal. A instalación sitúana lonxe de onde se xeneran os residuos, concentra demasiada cantidade e variedade de restos e, sobre todo, está a só 500 metros das vivendas. Xusto o contrario que establece a Lei.
FUMES INVISIBLES, LIXO SOTERRADO
Haberá incineración. As tecnoloxias que prometen tamén supoñen incineración (FONTE GREENPEACE) “Son las llamadas plantas de gasificación, pirólisis, termólisis y plasma. Estas tecnologías calientan los materiales residuales a altas temperaturas […] un proceso que emite también contaminantes peligrosos. La Unión Europea considera a estas tecnologías como incineración”.
Haberá vertedeiros. Prometeron: “nin un gramo de lixo enterrado”. Pero hoxe no Borrador do Plan de Residuos recoñécese expresamente a instalación de VERTEDEIROS controlados.
Deteriorará o entorno. Consta por escrito que descarán rios como o Maquiáns, que deixará de ser de uso público. Tamén afectarán zonas protexidas e contaminará gravemente o aire e as augas dos pobos dos arredores.
UN SERIO PERIGO PARA A SAÚDE
A pranta emitirá sustancias dañinas como metais pesados, partículas, furanos e sobre todo, dioxinas altamente tóxicas para as persoas: NUNGÚN FILTRO OU TECNICA PODE EVITALO.
Os vertedeiros sempre desprenden contaminantes ao aire e ás augas subterráneas: “Con casi seguridad emigrarán de estos depósitos al medio ambiente.” Esto é o que di Greenpeace sobre os vertedeiros “controlados”…
Traballar con grandes cantidades de residuos tóxicos supón un risco enorme de padecer enfemidades e accidentes laborais (explosión, abrasivos, inhalacións, ácidos…) riscos que recoñece a propia administración.
Os mais de 500 camións diarios portadores do lixo e a propia maquinaria da Pranta xenerarán importantes cantidades de gases moi perxudiciais para a saúde.
NON NECESITAMOS O LIXO.
O viño xenera 7.000 empregos pero o prestixio do Ribeiro quedaría destruido co vertedeiro, tal como ocorreu en Ascó (Tarragona) e Alcantarilla (Murcia) denominacións de orixe que perderon a categoría por culpa deste tipo de instalacións.
Os expertos en turismo termal consideran ao Ribeiro como o lugar de mayor proxección da provincia: Laias, A Arnoia, Berán e Prexigueiro supoñen inversións sostibles e empregos de gran calidade.
A nosa privilexiada proximidade as grandes cidades xa está atraendo industrias sanas. Ademais, favorece a hostelería, o comercio e o turismo enolóxio e cultural de moita importancia na Comarca.
Dispomos do solo industrial mais cobizado de Galiza. A gras escaseza de chan industrial permitirá que sigan chegando ao Ribeiro empresas limpas e prósperas. É absurdo regalar o noso espazo para que as cidades solten o seu lixo.
A QUÉN CRER?
Aos políticos? “Quedarían moi ben situados” tras a fabulosa inversión do Vertedeiro, que pode converter uns humildes concellos en localidades con grandes movementos de capital e importantes ingresos nas arcas municipais…
Aos que se opoñen? Que poden gañar oponiéndose? En principio só poden perder. Perden contratos, axudas administrativas e postos de traballo que ofrecen os concellos. E ademais, padecen fortes críticas dos veciños mais dóciles..
Os ecoloxistas, os datos científicos e os antecedentes non enganan: o Vertedeiro contaminará gravemente a nosa Comarca.
Querennos converter en “mártires medioambientais”. Pretenden que as cidades do sur galego prosperen cómodamente a costa da nosa saúde.
Esta inxustiza non vai desaparecer sin mais, e só nos queda unha saída: FACER PÚBLICA A PROTESTA.
NON PODES MIRAR PARA OUTRO LADO E PERMITIR QUE DESTRÚAN O TEU FUTURO E A TÚA SAÚDE.
AINDA ESTAMOS A TEMPO DE DETER ESTE ABUSO. NON CAIAS NA TRAMPA E DÍ:
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡NON AO VERTEDEIRO DE CARBALLEDA DE AVIA!!!!!!!!!
(Rederibeiro carece de filiación politica.
Os datos contidos neste folleto baséanse en publicacións solventes e fontes oficiais
Opoñémonos ao proyecto ilegal promovido por PSOE e BNG e consideramos insuficiente o rexeitamento do Partido popular).
6 Enero 2009 | 04:05 PM