Mais de 1.000 veciños do Ribeiro firmaron alegacions ao plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2007-20017

PRIMEIRA:
No apartado 2.1 do Plan recollese a poboación no ano 2005 na provincia de Pontevedra (938.311) e Ourense (339.556).
No apartado 10.5.2 do Plan aparecen os mapas 13, 14 e 15, nos que se marca en círculos a cantidade de residuos que xerará cada zona, sendo obvio que a zona de Vigo e Coruña seguirán sendo as mayores productoras de residuos con moita diferencia en calqueira das tres fraccions (Resto, Orgánica e Envases Lixeiros).
Dí no apartado 5.2.- “O principio de proximidad favorece que a xestión dos residuos se faga en instalacions próximas as zonas de xeración”.
O apartado 9.2.2. de novo refirese ao Principio de proximidade.
Examinados os apartados anteriores, entendemos que se produce una clara contradicción, ao establecer que a mais grande planta de tratamento (dispois de Cerceda) que se pretende instalar en Galicia, ubicarase na provincia de Ourense (segundo os mapas de cálculos de transporte, concretamente en Carballeda de Avia), cando un somero análisis das zonas de producción de residuos no Sur de Galicia (mapas 13,14 e 15) revelan que a ubicación mais axeitada de esta planta debería ser cerca de Vigo, sé o que se pretende e respetar o principio de proximidade ao que tanto se fai mención no Plan, máxime se temos en conta que na zona oriental de Ourense o Plan aposta pola autocompostaxe dos residuos orgánicos.
De non seguirse o criterio de proximidade tal como se relata nesta observación haberá que fundamentar no Plan as causas de por que non se respeta dito principio (regulado na Normativa Europea).
SEGUNDA:
No Apartado 3.3 considerase de aplicación a este Plan, a Lei 10/1997 de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.
Dita Lei establece no seu art. 15: “La construcción de Instalaciones de gestión de residuos estará supeditada a lo previsto en el Plan …….”
Art. 19, en el apartado 1-d) En el Plan se contemplarán:” Los lugares y las instalaciones más adecuadas para la materialización del Plan”.
Art. 19, en el aprtado 2-c) El Plan deberá contener “La determinación y localización de los proyectos y actuaciones a realizar, así como de su coste …….
Coas determinacions que establece dita lexislación entendemos que non se pode facer un Plan de esta envergadura, coa ausencia da determinación da ubicación da Planta de Tratamento mais grande e complexa que de nova creación se prevé no propio Plan. É un auténtico sinsentido no só por ir contra da Ley, senón por todolos cálculos de, costes, de ubicación de plantas de transferencia, de utilización do ferrocarril, etc. que se derivan dunha ubicación ou, outra, como mais adiante reflexaremos.
TERCEIRA:
En todo o referido a Planta de Ourense, recollense no plan tres escenarios alternativos (E1, E2, E3).
Pensamos que é precisamente o Plan o que ten que escoller entre as alternativas plantexadas, so pena de perder o propio Plan o obxetivo que se marca inicialmente como definidor dos eixes de actuación para os próximos anos na política de xestión de residuos urbanos.
CUARTA:
O apartado 10.5. do Plan dí: “ A planificación das infraestructuras de tratamento é sempre un dos apartados mais relevantes de calquer Plan de Xestión de Residuos Urbanos, ben polas suas implicacions territoriais e ambientais, ou ben pola magnitude dos investimentos precisos”.
A non concreción literal da ubicación da Planta de Ourense (tampouco a de Lugo), implica unha desatención no Plan aos principio polos que dí rexirse. Sé unha das cuestions relevantes polas suas implicación territoriais e ambientais e a planificación das infraestructuras de tratamento, non se pode entender que se obvie concretar a ubicación das plantas, salvo que se pretenda eludir o debate cos cidadans afectados por ditas infraestructuras, o cal conxenia mal con principio de transparencia e información que debe rexir calquer tema de importancia relativo aos residuos.
QUINTA:
O apartado 9.2.2.2.- ….”vaise apostar por ampliar a rede de plantas de transferencia e polo uso do ferrocarril dende algunhas de esta plantas”.
O apartado 10-9 fai unha simulación de transportes nos Mapas 22, 23, e 24, situando ditos mapas, a Planta da provincia de Ourense en Carballeda de Avia, é a da provincia de Lugo, no propio municipio de Lugo.
¿Cómo se pode facer un estudio de ubicación das novas estacions de transferencia necesarias cun mínimo rigor, sé non se ubican as duas Plantas novas mais importantes deste novo Plan?.
¿Cómo se poden facer cálculos de gran trascendencia respecto a loxística de transporte sen ter definidas as ubicacions das Plantas de Tratamento de Ourense e Lugo?
¿Cómo se pode decir no Plan que non se sabe sé se farán vertedoiros en Lugo e Ourense, cando os costes teñen que variar dunha forma sustancial?.
¿Por qué se ubican a efectos de cálculos de transporte nos mapas 22, 23 e 24 as plantas de Ourense e Lugo, nos municipios de Carballeda de Avia, e municipio de Lugo, respectivamente, cando de elexirse outras ubicacions “a posteriori” do Plan, cambiarían de forma importante os costes en todolos aspectos?
¿Cómo non se valora a infraestructura ferroviaria que ha de crearse sé tanta importancia se lle pretende dar no Plan? ¿Onde se pretenden construir centros de carga e (ou) descarga?
SEXTA:
Apartado 2.2.7 recollee un cadro do módelo actual de tratamento de residuos na Coruña, é dí referindose a Planta de Nostián, “A planta ten problemas de funcionamento”
Apartado 10.5.4.- Se dí “Utilizaranse procesos e tecnoloxias fiables que estean probados en experiencias anteriores. As experiencias coñecidas deberán ser satisfactorias e comparables en canto a proceso e tipo de residuos e con capacidade de tratamento que sexan compatibles.
Plantexase pra Ourense unha Planta de biometanización, sen recoller experiencias contrastable de funcionamento co volumen de residuos que se pretenden tratar, entendendo que o funcionamento teórico só pode coincidir co práctico se existen plantas semellantes que superasen varios anos de funcionamento, o que non se recollen no Plan. E á única referencia que temos deste sistema é a Planta de Nostían, que como recoñece o propio Plan, ademais de ser un “secreto a voces”, é que non funciona.
Sé o propio Plan requiere a utilización de tecnoloxias contrastadas, ¿ como se acorda crear unha nova planta de biometanización en Ourense sen facer unha soa referencia a ditas experiencias?
SEPTIMA:
Apartado.3.- Define o Plan a inclusión da incineración con recuperación enerxética como valorización enerxética sempre que se cumplan uns requisitos de eficiencia
Apartado 5.1 define valorización enerxética: “Valorización mediante a utilización principal dos residuos como combustible ou como outro medio de xerar enerxia”.
Se a aposta polo compostaxe, e reducción da incineración (ou valorización enerxética), afrimándose de forma continuada pola Administración que non haberá mais incineración que na Planta de Cerceda, ha de aclararse se a planta de Ourense non terá valorización enerxética, porque non e eso o que se deduce da descripción de Planta.
OITAVA:
Por último, temos que sinalar que a falta de información e debate sobor de todolos temas relacionados coa xestión de residuos está contravindo a normativa derivada do Convenio de Arhaus, que o propio Plan recolle, non constando que houbese debates serios e rigurosos con información a cidadania sobor do presente Plan. Tampouco parece razoable que se fixe un prazo para observacions de 15 dias dende a publicación na web da Consellería deste Plan, extendendo dito plazo ata unha fecha indeterminada que só coñece a propia Consellería, sé temos en conta a cantidade de páxinas que han de analizarse pra conquerir un coñecemento axeitado do Plan que permita facer suxestions.
Por todo elo, SOLICITA:
Se teña por presentado este escrito, por formuladas observacions ao Plan de Residuos Urbanos de Galicia 2007-2017, e na sua virtude se acorde reiniciar a tramitación do Plan cun debate serio coa cidadania, e no seu caso se propoñan as modificaciones que se derivan das propostas plantexadas neste escrito.
