Activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos das principais cidades e vila

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Compostela, Mugardos e Ribadavia
Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.
Manifesto 13 NOVEMBRO. Rede Galiza non se Vende
Coincidindo co peche os membros do foro " Temos dereitoa a saber" entregaron no concello de Ribadavia as mil firmas que os veciños do Ribeiro presentaron como alegacións contra o plan de Residuos de Galiza 2007 -2017 .
