La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

26 Octubre 2008

"Temos dereito a saber " identifícase plenamente co comunicado de Coto do frade


A pesar dos xa “habituais” desmentidos por parte da Conselleria de Medio Ambiente sobor do alcance real do Parque de Residuos de Carballeda de Avia, o Foro Social “Temos Dereito a Saber” quere manifestar a sua coincidencia absoluta co análisis que do Plan de Residuos Urbanos de Galicia no que atinxe a ubicación en Carballeda de Avia da Planta de Residuos Urbanos (que inclue a bolsa negra) e que se proxecta para a provincia de Ourense, efectúa a Asociación Ecologista Coto do Frade.

No se pode aludir a unha “coincidencia” como manifestan fontes de Medio Ambiente, a aparición do término de Carballeda de Avia non só no texto do Plan (dito término foi retirado axilmente e de forma inmediata de dito Plan dispois da denuncia de Coto do Frade) senon tamén en varios dos mapas do mesmo, onde para facer os cálculos de costes do posible transporte de rechazos ata Sogama se parte da ubicación da única planta de Ourense en Carballeda.

Resulta chocante que o Plan de Residuos Urbanos de Galicia pretenda decir que deixa sen definir a ubicación da Planta de Ourense, cando eso debería ser unha das “patas” importantes deste Plan, como único modo de calcular distancias, concretar accesos, saber a que poboación prestaría servicio dita Planta, todo elo en relación ao fundamental principio de proximidade que debe inspirar dito Plan.

Non debe extrañarnos en todo caso, se temos en conta que nos residuos industriais acórdase primeiro a instalación das plantas de tratamento de este tipo de residuos en Carballeda cando o Plan de Residuos Industriais ainda está nos inicios da sua redacción.

Tamén resulta sorprendente, ainda que non por falta de habitualidade, que fora o propio Conselleiro de Medio Ambiente o que unha vez mais incumprindo a su palabra, quen dixo que sería o Plan de Residuos o que definiría a ubicación das Plantas de Residuos Urbanos (Faro de Vigo 19-07-2007), e agora dí que acorda deixala sen definir (ainda que os datos recollidos no Plan no deixen lugar a dúbidas sobre a intención de ubicala en Carballeda) e iso só pode ser co fin de avanzar na tramitación sen oposición, para chegar a aplicar a política dos feitos consumados.

Este Foro non pode esperar mais, creemos que os veciños do Ribeiro están sendo continuamente enganados e ninguneados por un asunto de interés primordial para esta comarca, e polo tanto imos pedir de modo concluinte o posicionamento e implicación de toda a sociedade civil do Ribeiro, grupos políticos, sindicales, empresariais, Asociacions, e demais colectivos e institucions, co fin de evitar a maior agresión que pretende perpetrarse no Ribeiro en moitos anos, o que só terá garantido o éxito si se conquiere a unión dos veciños.

servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera