La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

3 Junio 2008

Peche no concello de Ferrol do Comité Cidadán de Emerxencia

Hoxe 3 de Xuño, ás 11 horas, varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.
Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría., así como o seu rexeitamento ás novas ameazas que se perfilan para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes, detalladas no escrito entregado á Alcaldía que se reproduce a continuación
O CCE invita a cantas persoas e colectivos consideren oportuno apoiar esta iniciativa a manifestalo mediante visitas aos pechados no Concello, como xa o están a facer moitas persoas nestas primeiras horas de peche, ou comunicados públicos, mensaxes de correo electrónico ou calquera outro medio.
Oportunamente notificarase cantas novidades xurdan respecto desta situación, e unha vez máis recordar a convocatoria para a

MANIFESTACIÓN

Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas

Peirao de Curuxeiras - Ferrol

!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA¡!

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol

Sr. Alcalde:

No nome do “Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol”, decidimos pecharmos na casa de todos os ferroláns e ferrolás, co obxectivo de reclamar da Corporación que vostede preside, un pronunciamento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, así como o rexeitamento das novas ameazas que se están poñendo en marcha nas últimas datas: autorización de ampliación da capacidade regasificadora decidida polo último Consello de Ministros; pretensión de dinamitar a canle de entrada da Ría, decidida pola Autoridade Portuaria, como pantalla para ocultar a imposibilidade de cumprir coa normativa en situacións de emerxencia dos gaseiros cargados; transporte de gas en cisternas polas estradas galegas, con perigo para a poboación, etc.

Asimesmo, reclamamos da Corporación un claro rexeitamento da pretensión de incrementar aínda máis a contaminación e destrucción deste mar interior, coa planta de Ence, que Pontevedra leva anos rexeitando.

Co ocasión do Día Mundial do Medioambiente, emprazamos ao Governo Municipal desta cidade para que defenda a legalidade, un auténtico desenvolvemento sostible e se empeñe na defensa da VIDA e da RÍA, na que residen e traballan decenas de miles de cidadans e cidadás, que hoxe están en perigo.

Invitamos á Corporación Municipal a sumarse á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, para o próximo domingo día 8.

Ferrol, 3 de Xuño de 2008

servido por avia 3 comentarios compártelo

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

rede_ribeiro

rede_ribeiro dijo

Nós en vez celebrar o Día da Ría, preferimos celebrar o Día do Río.

E como emotivo xesto de celebración, no Ribeiro decidimos botarlle LODOS ao Río Avia. É que nós somos así de chulos...

http://rederibeiro.wordpress.com/

4 Junio 2008 | 11:29 PM

lo mas

lo mas dijo

Pasádevos por Rede Ribeiro. Lo mas

18 Junio 2008 | 12:59 PM

rede_Ribeiro

rede_Ribeiro dijo

O enlace coa Revista "Parque Medioambiental: a gran mentira", cambiou.

O novo link é:

http://www.tipinho.es/httpdocs/IMAGES/mierda2.pdf

ou

http://www.tipinho.es/IMAGES/mierda2.pdf

De momento non sei cal é o correcto, porque o servidor non me deixa comprobalo. Será que os técnicos están atentos ao partido de SSSSpña!

29 Junio 2008 | 04:28 PM

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense) frente a instalación de unha macroplanta de tratamento de residuos en Carballeda de Avia. Na actualidade este foro xa non está activo posto que o proxecto de Carballeda foi rexeitado. Este blog e toda a información que foi recollendo queda a disposición de todas aquelas persoas que queiran consultalo e que poidan atoparse ante unha siuación parecida. naturaribeiro@gmail.com naturaribeiro

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera