A Conselleria de Medioambiente sigue " clavando o estoque " ao Ribeiro

De novo, co o oscurantismo que a caracteriza, a Conselleria de Medio Ambiente co silencio dos políticos locais gobernantes, acaba de dar outro paso na tramitación do Parque de Residuos de Carballeda de Avia onde pon de manifesto a falla de interese por tratar de forma axeitada o tema de mais importancia para o futuro do Ribeiro nos ultimos tempos.
Ainda que dita Conselleria decidiu someter o Proxecto Sectorial a Avaliación Ambiental Estratégica como pediu este Foro, elaborando o Documento de Referencia, que e a guía pola que ha de rexirse Vivenda e Solo pra redacción Informe de Sostibilidade Ambiental, a sua actitude de desprecio a comarca do Ribeiro e mais que evidente, ao obviar por completo, en dito Documento de Referencia, as nosas observacions sobor da necesidade de análise da alternativa cero, ou sexa da posibilidade de que os estudos medioambientais concluan que o mais axeitado e a non instalación do Parque no lugar decidido de Carballeda, cando en outros proxectos de Parques Empresariais, consta literalmente a obriga de plantexar dita alternativa cero, que significa non facer dito Parque, i elo porque así o especifica a propia Ley aplicable.
Trata así a Conselleria de forma unilateral, de evitar que poida surxir un informe contrario a ubicación do Parque en Carballeda.
Ademais do anterior, e seguindo a liña de ninguneo que ten marcada con iste Foro a Conselleria de Medio Ambiente, atrévese non só a non citar no Documento de Referencia ao Foro Social “Temos Dereito a Saber”, como Sociedade Civil afectada polo proxecto, senon nin siquera o fai con ninguna das Asociacions Ecoloxistas do Ribeiro dispois de facer todas elas alegacions, e tampouco cos compoñentes de forma individualizada do Consello Galego de Medio Ambiente, como fai en outros proxectos similares, como soplan Acuícola no que recolle expresamente observacions de “Luita Verde”, “Foro Social de Cangas” etc.
A Xunta quere “calzarnos” o Parque de Residuos e non están dispostos a escoitar a ningunha voz crítica que lles poida afear a conducta.
Iste Foro non o vai consentir e seguirá denunciando a política de falta de transparencia e de imposición por parte de Xunta, e o silencio cómplice do Psoe e o Bng na comarca.
FORO O RIBEIRO “Temos Dereito a Saber”


merdanon dijo
Noraboa pra os do SI, pra os do Psoe, pra os do Bloque, seguide todos calados, seguide dorando píldoras, seguide con aquelo de "ai que esperar".
Viva o gasoil de Renfe no Miño. Viva a Celulosa de Pontevedra con nova autorización ambiental. Viva a unidade movil pra desastres ecolóxicos.
Viva Pachi...................viva
Arriba Pachi................arriba
¡Que ben no la están colando!
MERDA NON
6 Mayo 2008 | 06:51 PM