Incineración na cementera de Oural
Medioa Ambiente autorizou a incineración de restos de coches en Oural




3 de marzo de 2008. No mesmo lugar onde o TSXG prohibira queimar pneumáticos, a Consellería de Medio Ambiente autorizou á cementeira COSMOS S.A. a incinerar en probas durante 15 días 500 toneladas de resíduo lixeiro de fragmentadora de veículos fóra de uso (isto é tapicerías, plásticos etc.), amosando unha falta total de respecto polas decisións da xustiza. O tribunal fallara que que na Cementeira de Oural non se poden incinerar rodas porque non se acadan as distancias de seguridade. A contaminación provocada pola queima destes resíduos é potencialmente maior que a xerada polos pneumáticos.
http://galizanonsevende.org/?p=277
Declaracións de Pachi Vazquez , conselleiro de Medio Ambiente ,no " El Pais " ( 7-10-2007) :
"Vamos a desarrollar este país sin llevárnoslo por delante. En Asturias los que viven en parques naturales son los que tienen mayor renta"
"No vamos a hacer una sola incineradora de basura más"
Esqueceuselle decir que si autorizaria incineracións que poden comprometer a saude da poaboación e os recursos de certas comarcas .
Declaracions de Adega en Galizanonsevende:
"A fatoría de Cementos Cosmos está no medio da vila do Oural e cun colexio infantil a escasos metros. Os veciños e veciñas de Oural e ADEGA conquerimos despois de 5 anos de loita legal ver recoñecidos os seus dereitos a respirar un ar limpo. Agora vemos como a administración, facendo caso omiso desa sentenza, autoriza unha actividade ainda máis contaminante ao carón das súas casas, moi perto da escola dos seus fillos, e na proximidade das súas explotacións gandeiras."
