La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

27 Febrero 2008

Protesta en Ribadavia na entrada dun mitin electoral

O día 26 de febreiro na entrada dun mitin electoral do PSOE , un grupo de xente do foro do Ribeiro manifestouse con pancartas de forma tranquila e pacífica . Non damos crédito que este grupo de veciños sexa o desencadenante dun despliegue policial desproporcionado . ¿ Tanto medo lles damos os políticos?


Fotos: Santiago Miguez (c)

servido por avia 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

De esguello

De esguello dijo

Estimados compañeiros e compañeiras, as fotos que acompañan a este texto dan medo e demostran o indefensos que estamos os cidadáns de a pé contra os gobernates.

Eses gobernantes que se pasean en limousiñas por Galiza adiante e que visten traxes de Armani cos nosos cartos deberían de escoitarnos e non taparnos a boca con porrazos. Onde está o talante do que presumen estes socialistas de pacotilla, porque o socialismo a eles quédalle bastante lonxe, salvo que por socialismo se entenda enchelos petos.

Fai anos zoupáronnos en Madrid polas manifestacións contra a guerra de Aznar. En Santiago, Fraga berraba para que entraran os antidisturbios e nos zouparan tamén. Agora é Touriño o que leva soldados para amedrentarnos.

Ai, o mundo está do revés: aos que lles toca defendernos só lles preocupa defenderse das nosas únicas armas, que son os laios e as mans en alto.

Non se merecen ter unhos votantes coma nós. Porque estar á intemperie pedindo pola terra ferida non o fai calquera, hai quererlle moito á terra. O máis doado sería calar e quedar na casa ao quente, sen embargo aí estabades pedindo que vos fixeran caso, por todos, por eles incluso.

Unha aperta e moitos folgos!

28 Febrero 2008 | 09:47 AM

wanda

wanda dijo

GRACIAS POLOS ANIMOS PORQUE OS NECESITAMOS.SI NON SUPERAMOS QUE DETRAS DE NOS HAI UN NUMERO CONSIDERABLE DE XENTE QUE NOS APOLLA E QUE RESPONDE CANDO SE LEVA A CABO ALGUNHA INICIATIVA EXEMPLO A RECOLLIDA DAS ALEGACIONS 900 EN DOUS DIAS, NON SEI SI TERIAMOS OS MISMOS ANIMOS EU PENSO SEGUIR LOITANDO ATA O FINAL E ANIMO A TODO O MUNDO A QUE SE NOS UNA POR QUE ESTO E UNHA DICTADURA PURA E DURA,TODO OCULTISMO E SILENCIAMENTO.NON SE MERECEN O NOSO VOTO E ESPERO QUE A XENTE OS CASTIGUE COMO DEBEN SIGO DECINDO QUE TODOS OS QUE ESTAN EN DESACORDO CON ESTA POLITICA DEBERIAN DE ANULAR O VOTO COA PEGATA DE PARQUE MERDOAMBIENTAL NON ,EU PENSO FACELO ASI. ANIMO A TODOS OS QUE SIGUEN LOITANDO

28 Febrero 2008 | 05:04 PM

wanda

wanda dijo

AH! E NON SE ME OLVIDE DAR AS GRACIAS O NOSO QUERIDO ALCALDE QUE PASOU POLO NOSO LADO COMO SI A COUSA NON FORA CON EL. GRACIAS POR IGNORAR ,MENTIR E TRAICIONAR OS QUE EL SABE FORON OS SEUS VOTANTES,MOITAS GRACIAS E QUE TEÑAS SUERTE COMO POLITICO POR QUE COMO PERSONA .........

28 Febrero 2008 | 05:47 PM

mendiño

mendiño dijo

Animo a vosa é a primeira palabra chea de razón que se ergue contra esa barbaridade que planea a conselleria de medio ambiente pero non será a unica moitos mais estamos a ver a desfeita que fan con este pais e comezamos a unir as nosas palabras que non caeran no olvido. Moito animo.

2 Marzo 2008 | 10:05 AM

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera