O RIBEIRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA . GALIZA NON SE VENDE
Unhas 10.000 persoas acudiron á convocatoria do movemento Galiza Non Se Vende para manifestarse contra a destrución do territorio. O acto encheu as rúas de Compostela e a Praza da Quintana na que se leu o comunicado final.Dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a de hoxe

Quedamos só nós, a cidadanía, o pobo autoorganizado, para defender unha vez máis esta Terra de tanta desfeita.
E por iso estamos aquí.
Para amosar que aínda mantemos intacta a nosa dignidade de pobo que non quere morrer.
Para denunciar que Galiza está a ser transformada nun deserto de monocultivos forestais, formigón e polución.
Para esixir o cumprimento das leis.
Para defender a paisaxe, a natureza, a Terra, a nosa identidade e a nosa forma de vida.
Para converter este domingo nun día radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida e para o noso ameazado planeta.
GALIZA NON SE VENDE
O RIBEIRO NON SE VENDE
Terra viva e vida digna para todos






dan3 dijo
Un gustazo ver la conciencia de tantos colectivos. Escuchar y compartir con tant@, en un soleado y frío día de Santiago, ha sido un verdadero placer, además de una responsabilidad. Esas rúas saben el latín, que ya no recuerdan ni los políticos ni los medios, si alguna vez lo supieron. Gracias a todos los vecinos, que se olvidaron de años y de achaques para hablar entre nosotros y a esas piedras de la capital
Casi hasta salimos en la TVJ
17 Febrero 2008 | 08:16 PM