La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

10 Febrero 2008

MANIFESTACION 17 DE FEBREIRO 2008 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Saida dende o castelo en Ribadavia o domingo 17 de febreiro 2008 as 9:30 da mañán.

Anótate no teléfono :988472022 e 699894193

Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti, da túa voz e da túa forza.

Asina o manifiesto :

http://galizanonsevende.org/?page_id=188

MANIFESTO

A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa
vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade.
O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor…
Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría. Galiza perde poboación ao tempo que estende o seu solo artificializado.
Urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais,
piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques
eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos,
monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respecto polas
figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto.
Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais
aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e
desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola
sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras.
Sabemos que a xeración de emprego de cualidade, o aceso a unha vivenda digna e o gozo do noso tempo de lecer non é incompatíbel coa sustentabilidade, senón todo o contrario, e por iso demandamos un inmediato cambio de rumbo. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco.
Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro.
Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento
territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.
Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas.
Terra viva e vida digna para tod@s!






servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera