La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

3 Diciembre 2007

Exposición fotográfica .O RIBEIRO : Un outono encantado , un futuro incerto.

O mércores dia 5 de decembro inaugurase na igrexa da Magdalena unha exposición fotográfica sobre a riqueza da paixase e recursos naturais na comarca do Ribeiro. Tamén intentamos poñer de manifesto o futuro que nos espera se chega a instalarse o macroparque de tratamento de refugallos " Parque medioambiental de Carballeda de Avia " .

Organiza : Foro do Ribeiro " Temos dereito a saber "

Autora : Mimia Davila Pousa

Dito acto sera presentado pola actriz Mabel Rivera e proxectarase o documental :

O Salario do silencio



El Salario del Silencio é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade.

O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian.
Contamos coa inestimable colaboracióin das numerosas asociacións e colectivos veciñais, profesionais, ecoloxistas, xurídicos, culturais, corpos de seguridade, sanitarios, etc., etc., que integran o Comité Cidadán de Emerxencia. E contamos tamén coa negativa dos responsables directos desta situación: tanto os directivos da planta como certos alcaldes e algún que outro concellal e alto cargo, ou ben se negaron a ser entrevistados, ou ben seguimos agardando a que se poñan ao teléfono. Se por eles fose, o silencio continuaría.
NAMCHE FILMS

servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense) frente a instalación de unha macroplanta de tratamento de residuos en Carballeda de Avia. Na actualidade este foro xa non está activo posto que o proxecto de Carballeda foi rexeitado. Este blog e toda a información que foi recollendo queda a disposición de todas aquelas persoas que queiran consultalo e que poidan atoparse ante unha siuación parecida. naturaribeiro@gmail.com naturaribeiro

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera