La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

7 Septiembre 2007

MANIFESTACION 15 DE SETEMBRO 2007 AS 18:30 EN RIBADAVIA

O FORO SOCIAL TEMOS DEREITO A SABER PREGA A VOSA ASISTENCIA Á MANIFESTACION QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DIA 15 DE SETEMBRO AS 18:30 HORAS EN RIBADAVIA.

A manifestación saira as 18:30 do instituto percorrendo as rúas da vila ata chegar a praza maior.

DOCUMENTO DE ADHESION

Perante a iniciativa de instalación en Carballeda de Avia dunha infraestructura de tratamento de residuos denominada “parque medioambiental”, os promotores desta manifestación afirmamos que o que se pretende é instalar un macrovertedoiro polos seguintes motivos:

1)O obxectivo da Xunta é traer todo o lixo do sur de Galicia, para entendérmonos, tres mil millóns de kgrs de lixo ao ano ( oito millóns de kgrs de lixo ao día), máis de 500 camións diarios cargados ata os topes.

2)A superficie del macrovertedoiro equivale a 160 campos de fútbol (ou, o que é o mesmo, oitocentos cincuenta mil metros cadrados ampliables a un millón).

3)Entre as empresas que queren instalar atópase a maior planta de tratamento de lodos de depuradora de toda España cunha capacidade de máis de 300.000 toneladas anuais.

Perante a maior agresión que se pode perpetrar contra a vida dunha comarca, os abaixo asinantes

MANIFESTAN

O seu rexeitamento a este proxecto, na medida na que entendemos que un vertedoiro desta magnitude non pode localizarse no lugar pretendido polas seguintes razóns:

  • Pola súa proximidade a núcleos de poboación, ata 23 nun radio de 3.000 metros, cunha poboación afectada de máis de 6.000 persoas.
  • Pola súa proximidade aos colexios nos que estudan os nenos e nenas da comarca situados a menos de 1.500 metros del vertedoiro, coas nefastas consecuencias que isto tenrá para a saúde de todos.
  • Pola afectación del río Maquiáns que atravesa a zona na que se pretende localizar o vertedoiro, e a afectación dos demais cauces fluviais aos que verquerá a depuradora do complexo. Ademais a súa situación nunha ladeira afectará sensiblemente os mananciais, fontes ou acuíferos que se atopen nos arredores.
  • Por falta do necesario consenso social entre os habitantes das poboacións afectadas. Este foro conta con máis de 3.000 sinaturas en contra da localización elixida.
  • Porque esta proposta se realiza sen que se desenvolvera unha planificación previa sobre o tratamento dos residuos urbanos e industriais a nivel galego.
  • Porque non se fixo un estudo previo doutros posibles emprazamentos.
  • Porque unha concentración de empresas de tratamento de lixo desta natureza non conta co apoio de ningún grupo ecologista, que abogan por modelos descentralizados de tratamento de residuos baseados nos principios de proximidade e responsabilidade.
  • Porque todas as infraestructuras desta natureza que existen en España arruinaron as zonas nas que se instalaron.
  • Polo seu emprazamento en pleno corazón do Ribeiro, a menos de dous mil metros de Ribadavia, capital da comarca, e perfectamente visible desde todo o val do río Avia e desde a Autovía das Rías Baixas, co que isto supón en canto á repercusión nun sector de tanta relevancia na zona como é o vitivinícola e o turístico.
  • Por ser manifiestamente incompatible con modelo de desenvolvementlo proposto pola Administración para esta comarca baseado na industria agroalimentaria e o turismo, e ata agora apoiado con liñas como as subvencións a adegas, casas de turismo rural, a creación dunha ruta do viño, a próxima inauguración do museo do viño de Galicia…..

Ao mesmo tempo, solicitamos ás institucións provinciais e autonómicas que intensifiquen os seus esforzos para fomentar o desenvolvemento da zona mediante a instalación de industrias que non afecten de maneira tan negativa á saúde dos habitantes da comarca, ao medioambiente ata agora escasamente degradado dos vales do Ribeiro, á súa riqueza paisaxística, turística, termal, ao seu patrimonio artístico, así como ao seu desenvolvemento como un referente a nivel mundial na produción de viños de calidade.

UN RESUMEN DOS FEITOS ATA HOXE

UBICACIÓN EN CARBALLEDA DE AVIA DUN PARQUE MEDIOAMBIENTAL

A partir do segundo semestre do ano 2006 coñecemos a traves da prensa unha serie de declaracións por parte dos responsables políticos en relación coa creación dun “parque ambiental” en Carballeda de Avia. O 2 de marzo do 2007 procedeuse a firma dun convenio entre o concello de Carballeda de Avia e as Consellerías de Vivenda e Solo e de Medio Ambiente co fin de poñer en marcha o mencionado parque. En base a este documento, concluese que:

  • Nestes momentos, a solución preferente para o tratamento dos residuos sólidos urbanos e industriais do sur de Galicia pasa pola creación dunha planta de tratamento na zona sur. O motivo fundamental e o aforro de costes de transporte destos residuos as instalacións de SOGAMA en Cerceda.
  • O compromiso que se recolle no Convenio e que se exclue expresamente a existencia de plantas de incineración de residuos urbanos. Concretamente indicase que “As partes acordan expresamente excluír a instalación de plantas de incineración de residuos urbanos como medio de tratamemto dos mesmos no parque ambiental de Carballeda”. A redacción desta clausula merece dous comentarios:

    -Confirma que no parque de Carballeda vanse a tratar residuos sólidos urbanos, ainda que descarta a incineración para o seu tratamento.

-Si ben e certo que exclue a incineración como medio de tratamento dos residuos sólidos urbanos, non dice nada nin exclue ningunha posibilidade respecto o modo de tratamento dos residuos industriais. Non olvidemos que o volumen destos últimos e a sua potencial peligrosidade e moito mayor que a dos residuos sólidos urbanos.

Sin embargo no Convenio non se recolle expresamente que non vaia haber vertedeiros no complexo ou nas suas inmediacións. Non nos olvidemos que a maior parte dos residuos non son reciclables coa tecnoloxia actualmente existente, polo que o seu destino solo pode ser ou a incineración ou o vertido. Non parece lóxico que si o motivo do emplazamento da planta de Carballeda e o aforro de costes de transporte, os residuos que non se poden reciclar se vaian a levar a SOGAMA para a sua incineración.

O tipo e volumen dos residuos a tratar foise coñecendo con posterioridade sobre todo a través da información que publica a Consellería de Medio Ambiente na súa páxina Web. Nesta concretanse os seguintes tipos de residuos:
- RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, ACEITES VEXETAIS E MINERAIS, APARELLOS ELECTRICOS E ELECTRÓNICOS, DISOLVENTES, METAIS, E COMPOSTOS METÁLICOS, NEUMÁTICOS FORA DE USO, PAPEL E CARTÓN, PLÁSTICOS, TÓNER E CARTUXOS DE TINTA DE IMPRESIÓN, ÁCIDOS E BASES, PLANTA DE LODOS.

De acordo, cos datos que constan en la páxina web da Consellería de Medio Ambiente os residuos anuais que produce o Sur de Galicia ascenden a 461.819 Tm. De RSU y 1.974.606 de Residuos Industriais. Para facernos idea, o complexo de Valdemingómez que trata os residuos que se xeran na cidade de Madrid ten unha capacidade de 2.000.000 de Tm anuais.

No estudio de viabilidade do parque revelase que o transporte de estos residuos vai a supoñer un movemento diario de 529 camión de gran tonelaxe.

O complexo terá unha superficie aproximada de 850.000 metros cuadrados y albergará a unhas trinta empresas dedicadas o tratamento de residuos. Entre estas empresas está confirmada a instalación dunha pranta de tratamento de lodos de todas as depuradoras de Galicia, o que supón un total de 302.200 TM anuais de este tipo de residuos.
Ante unha actuación de esta magnitude constituíse en Marzo de 2007 un FORO SOCIAL, denominado “TEMOS DEREITO A SABER”, do que forman parte cidadans e asociación ecoloxistas (Asociación Ridimoas), da comarca do Ribeiro.

Nun primeiro momento, o FORO adoptou unha postura de cautela e solicitude de información os responsables políticos fon fin de coñecer o proyecto previsto para Carballeda de Avia. A tal efecto, nos meses de Marzo e Abril, de 2007, reunámonos coa Consellería de Vivienda e Solo, Conselleiro de Medio Ambiente e Conselleiro de Medio Rural. Tanto o Conselleiro de Medio Ambiente, como o de Medio Rural, transmitironnos a mensaxe de que o Parque Medioambiental non ia serrar ningún tipo de perjuicio, si ben, non nos aportaron información técnica que avalase a súa postura.

Na reunión mantida coa Conselleira de Vivenda e Solo, logramos o compromiso de paralización das actuacións administrativas relativas o proxecto, ata manter unha reunión cos representantes de asociacións ecoloxistas, sociedade civil e demais sectores da comarca. Nembargantes, a finais de xuño, esta reunión todavía non se mantuvo. Pero a tramitación administrativa segue o seu curso, incumplindo así o compromiso de paralización. En fecha 11 de Junio de 2007, publicase no DOGA a adjudicación do estudio de viabilidade da pranta de tratamento de lodos de depuradoras con un plazo de ejecución de tres meses. En resolución de 10 de Julio de 2007, licitouse a redacción do proyecto sectorial e de urbanización do parque medioambiental de Carballeda. O plazo de presentación de propostas remata o día 10 de Septembro de 2007.

Este foro non ten ningún tipo de vinculación con partidos políticos e mantén unha postura recollida nun manifesto feito público no mes de mayo de 2007 e que básicamente e a seguinte:

Os cidadans que integramos o FORO somos conscientes do grave problema que supoñen os residuos e o seu tratamento. Nembargantes, non estamos de acordo con que este tratamento deba facerse dunha forma centralizada, nun so lugar, porque supón a degradación do emplazamiento e do seu entorno. Esto e comprobable simplemente con visitar instalación de este tipo (SOGAMA en Cerceda o Valdemingómez en Madrid).

En todo caso, a decisión relativa o modelo de tratamento dos residuos debe de tomarse no marco dunha planificación global no seno do plan de tratamento de residuos de Galicia. Non e admisible que se decida o emplazamento dunha pranta destas características antes de ter aprobado este plan. Si finalmente o,modelo elegido e a centralización no tratamento dos residuos, NOS OPOÑEMONOS o seu emplazamento en Carballeda de Avia polos seguintes motivos:

A zona na que se plantea crear o parque está a unha distancia moi reducida de varios núcleos de poboación.

POBOACIÓN DISTANCIA EN LÍNEA RECTA

RIBADAVIA 2.500 m
(1.400 m al Instituto de Bacharelato)

SAN CRISTÓBAL 1.100 m
A COSTEIRA 650 m
A FRANQUEIRÁN 1200 m
CARBALLEDA DE AVIA 600 m
SAN ESTEBAN 600 m

No estudio de viabilidade concretase un total de 10 poboacións nun radio de 2.000 metros e 23 núcleos de poboación no entorno dos 3.000 metros. Os problemas de saúde pública derivan das posibles emisión de gases contaminantes a atmosfera, malos olores, contaminación de acuíferos. Estos problemas manifestaronse en todalas instalacións deste tipo das que temos información. Pero e que ademais neste caso a cuestión agrávase por duas razóns fundamentais:

  • A contaminación aumenta cando na zona hai humidades relativas altas, así como néboa, a cal é moi frecuente pola cercanía do embalse de Castrelo.
  • O complexo ubicase nunha zona da ladeira do río Avia, polo que aumenta a posibilidade de contaminación de acuíferos.

A súa ubicación encontrase a escasos Kilómetros do corazón da zona vitivinícola do Ribeiro. Recordemos que nos últimos 10 anos produciuse unha aposta clara por parte da Xunta de Galicia, a favor da producción nesta zona de viños de calidade. Esto traduciuse en diferentes axudas a favor de bodegas e viticultores. Hoxe pode decirse que o Ribeiro é unha denominación en claro ascenso. Mais alá dos posibles perxuicios medioambientais e os efectos que éstos puderan ter sobre o viñedo do Ribeiro, parece claro que a posible existencia dunha planta de tratamento de residuos vai a incidir negativamente na comarca do Ribeiro como marchamo de calidade. É certo que se fala da creación de moitos postos de traballo ( en torno os 700 diretos) pero é que o sector do viño xenera un número bastante máis elevado de postos de traballo ( 7.000 postos de traballo directos, según manifesta o presidente do consello regulador do Ribeiro nas súas declaracións o Faro de Vigo do 3 de marzo do 2007), e si sigue a liña dos últimos anos vai a xenerar moitos máis.

Outra liña de negocios que se pode ver claramente afectada é a do turismo de calidade, nos seus diferentes ámbitos: termalismo, casa de turismo rural, hospedaxes, restaurantes e incluso as propias adegas. Neste sentido temos que señalar que ésta é unha liña que se ven potenciando nos últimos tempos, ata o punto de que se iniciou a implantación dunha ruta do Viño do Ribeiro, na que participan a mayoría dos concellos da comarca. Muy relacionado con isto, atopase o tema do termalismo, no que a nosa comarca ten un enorme potencial.

Durante a campaña electoral das eleccions municipais os integrantes do FORO decidimos non realizar ningún tipo de actuación co fin de non enturbiar o desenrolo do proceso electoral. Pero a partir do 27 de maio iniciamos unha campaña en contra da ubicación do Parque de Carballeda de Avia polas razóns exportas no noso manifesto. As liñas principales da nosa actuación son as seguintes:

  1. A mediados de xuño do 2007, iniciamos a solicitude de firmas de apoio o noso manifesto. A finais de agosto do 2007 levamos máis de 3.500 firmas de adhesión.
  2. Asimismo, preparamos uns carteis en contra do Parque Medioambiental, co fin de que os veciños que estivesen de acordo coa nosa posición os colocaran nos balcons ou ventanas das súas casas. A 30 de xullo do 2007, están colocados en torno os 1.000 carteis
  3. Nas últimas semans o FORO mantivo reunions con diferentes asociacions da comarca do Ribeiro as cales nos transmitiron a súa preocupación polos posibles perxuicios que se poden causar como consecuencia da creación deste macrocomplexo de tratamento de residuos. Contamos co apoio da maior parte dos sectores económicos da comarca. Neste sentido, a maior parte do sector productivo do viño firmou un escrito no que manifesta a súa preocupación pola realización dun proxecto desta envergadura sin que se analizaran os posibles pesxuicios para o sector.
  4. Iniciamos tamén unha serie de reunions informativas nas diferentes poblacions da comarca do fin de informar os veciños acerca do proxecto de Carballeda de Avia. A finais de agosto tivemos charlas en prácticamente todolos pobos da comarca.
  5. Ademas contactamos con asociacions veciñais de diferentes lugares de España que teñen un problema similar, e transmitironnos o seu apoio e tamen a súa preocupación polos perxuicios que sufren as súas poblacions como consecuencia destas instalacions.

Frente a quenes nos poden tachar de catastrofistas, decimos que nada mais lonxe da nosa intencion que asustar a poboacion ou os axentes económicos que poideran estar implicados. Pero si que é certo que demandamos unha maior transparencia e un debate sereno pero preciso sobre todalas consecuencias que a localización deste parque pode ter para a comarca e o seu futuro. Entendemos que a sola posibilidade de que se acaben tratando en dito parque os residuos do sur de Galicia, aconsella demandar os responsables políticos un cambio da súa ubicación actual, por entender que os perxuicios que vai a causar superan con creces os posibles beneficios.


>> INFÓRMATE

>> ASINA EN CONTRA DO PARQUE

>> FALA COS TEUS VECIÑOS

>> FAITE OÍR.

Manifesto:

http://www.espacioblog.com/avia/post/2007/05/09/manifiesto

e-mail: forosocialtemosdereitoasaber@hotmail.com

oribeiro.foro@gmail.com

servido por avia 25 comentarios compártelo

25 comentarios · Escribe aquí tu comentario

lola1

lola1 dijo

¿Sónde está Nunca Máis? ¿Donde está Manuel Rivas? ¿Dónde toda la izquierda que siempre se ha movilizado por estas causas? Como dice alguna de vuestras pancartas "Tanto silencio xa cheira"...
Mi humilde consejo: Tenéis que haceros oir, MOVILIZAR A LA PRENSA. Mientras no haya noticias vuestras es como si no existierais. Pero si hasta en internet me ha costado encontraros. ¿La manifestación del día 15? porqué no hacerla en Santiago, porque no BOICOTEAR algún acto del presidente de la Xunta que os dé publicidad, porqué no descargar una montaña de basura delante de la Xunta en Santiago? ¿porqué no cortar el tráfico en la autovía? dejaros de buenas formas y dar un paso más sino estáis perdido.
Mucho ánimo.

10 Septiembre 2007 | 09:00 AM

sufranda

sufranda dijo

Si Lola, vamos ter que cambiar de plantexamento porque por este camiño non vamos a ningures. De principio estamos sendo o mais respetuoso que podemos e que nos deixan as circunstancias. E xa ves o que pasou en O Carballiño, que nos manifestamos sin faltarlle a ninguén nin interrumpir nada, e xa nos querian identificar para denunciarnos. Por suposto que hemos de facer mais cousas. Vamos a loitar con toda a nosa forza, primeiro para informar e que a xente se conciencie do que nos queren traer para aqui. Parecemos os do foro uns malos malísimos que queremos que o Ribeiro non avance, que o que vai vir para aquí es la maravilla mas grande jamás montada. Eso es lo que mas me molesta, la mentira, el engaño, y el intento sistemático de callar a los que lo único que queremos es que no nos llenen la comarca de mierda. Nos acusan de ser bufones del PP, de ser de extrema derecha y otras lindezas. Solo nos preocupa el futuro de nuestra comarca. No queremos ser un basurero. Y tendrás noticias nuestras. Porque si estamos en contra de esto lo estamos hasta las últimas consecuencias. Y no pararemos hasta que nos traigan otras empresas, ya que el lugar es ideal, pues que lo sea para otro tipo de empresas. La basura que se la lleve el Milia para su casa. A nosotros que nos deje en paz y armonía con nuestra hermosa comarca. Un saludo

10 Septiembre 2007 | 11:28 AM

lola1

lola1 dijo

Dos cosas más:
OLVIDAROS DE LAS BUENAS FORMAS. Se ha conseguido alguna vez algo con buenas formas? Y no estoy hablando de violencia, ni mucho menos. Pero como dije antes, una gran montaña de basura delante de la Xunta, igual que se dejó chapapote en su día y nadie los tomó por locos, no estaría nada mal. Claro que era la izquierda y siempre se ha justificado más esas maniobras cuando las hacen ellos, si llega a ser la derecha... sois unos fachas... Es que es indignante. Pero eso no nos puede frenar.
Tenemos que utilizar toda la artillería pesada.
Y dos: NO POLITICÉIS ESTA REIVINDICACIÓN, y ya sé que vosotros estáis al margen de eso. Y es que además del silencio del Bloque y el PSOE en Ribadavia, no es sospechoso que el partido en la oposición, el PP, tampoco quiera sacar tajada de este tema? otros aprovecharían algo así para desgastar al partido en el gobierno. ¿Habéis hablado con ellos? Si los alcaldes del ribeiro no os echan una mano, lo habéis intentado con los partidos de la oposición? sea quien sea? Para que demonios están los políticos? para que los votáis? espero que todo esto tenga consecuencias a la hora de votar, aunque ya será demasiado tarde.
No entiendo nada de tanto silencia, así que creo que estamos solos en esta batalla.

10 Septiembre 2007 | 01:01 PM

maquians

maquians dijo

querida lola1 me consta que casi todos los alcaldes de la comarca están en la linea de los planteamientos del Foro, pero como "obras son amores y no buenas razones", vamos a esperar a la manifestación del sábado 15 a ver si eso es cierto.

10 Septiembre 2007 | 06:57 PM

sufranda

sufranda dijo

Si los alcaldes del PP del Ribeiro están con el foro y en contra del Parque merdambiental. No han querido politizarlo pero están ahí contra esta basura que nos quiere regalar el sr. Milia. Pero no están contra Milia, están contra el parque. Ya me gustaría ver a este especimen si el que hiciera esa barbaridad fuera fuera cualquier alcalde del PP. Vamos que era capaz de traer al Bin laden para que le diera clases de logística. Lo que no entiendo es a Miguel Fidalgo. Me pareciste siempre una persona muy razonable. He llegado a decir en alguna ocasión que fuiste uno de los mejores alcaldes que tuvo Ribadavia, y no soy del PSOE. No te entiendo Miguel, que te pongas en contra de tu tierra y que tu servilismo político no solo no te deje ver lo que nos quieren hacer sino que te pongas a apoyar esta matanza que se quiere hacer con el ecosistema de Tu tierra. Rectifica y únete a los que siempre confiaron en ti. No serías tu uno de los muchos que tenían la bandera del NUNCA MAIS en el balcón de tu casa? Porque si es así no tienes perdón de Dios. Rectifica y ponte del lado de tu gente. Este abandono tuyo y esta traición al Ribeiro no te lo van a perdonar.

10 Septiembre 2007 | 07:44 PM

Treixadura

Treixadura dijo

El cauce de un río no es solo agua, es pasado, es cultura, es vida y el futuro de nuestros hijos, si sabemos preservarlo. A orillas del río Avia se asentaron los primeros pobladores de la comarca de O Ribeiro y sobre sus valles se fue creando a través de los siglos un patrimonio cultural y arquitectónico maravilloso. También en torno a este río nació la denominación vitivinícola mas antigua de Galicia y una de las mas antiguas de España y su nombre da nombre a toda esta comarca. Un gran sabio dijo que los ríos son el alma de un paisaje, el punto de referencia en la memoria sentimental de las personas, el alma de un pueblo. Si el mal llamado Parque Ambiental de Carballeda de Avia llega a instalarse, toda la basura del sur de Galicia incluidos residuos industriales y peligrosos inundarán esta comarca. Nuestros acuíferos, nuestros ríos, regatos, manantiales y aguas termales, nuestra vida y en definitiva el origen de todo, acabaría por convertirse en una cloaca. Que no os engañen, que no os sobornen con inflados e hipotéticos puestos de trabajo , no son mas que caramelos envenenados . El alma de un pueblo no tiene precio. No vendamos nuestra alma.
15 de septiembre 2007 , 18:30. VERTEDOIRO NON e MIL VECES NON.

10 Septiembre 2007 | 11:11 PM

lola1

lola1 dijo

Queridos amigos, además de lo que nos pueda doler todo esto, hay que ser prácticos y concentrar las fuerzas en obtener resultados, el tiempo corre en contra.
He consultado este tema con profesionales que participaron en la evaluación de proyectos de esta naturaleza. Os puedo resumir lo siguiente, me supongo que no voy a decir nada nuevo pero os lo comento por si puedo aportar algo de luz:

A.- ESTUDIO SOBRE LA VIABILIDAD DEL PROYECTO
1.- En primer lugar recopilar toda la información técnica del proyecto y medioambiental (Estudios de impacto ambiental si tiene), sino reclamarlos, son documentos de información pública y tienen que dar tiempo suficiente para presentar alegaciones.
Me comentó que hoy por hoy estas plantas son seguras, no tienen emisiones a la atmósfera, ni sólidos en suspensión ni otro tipo de contaminantes, y contra los lixiviados se construyen plantas depuradoras y no hay contaminación de acuíferos. Y me dice más, que apenas producirá olores.
Pero también me dijo que habría que consultar el proyecto con especialistas porque puede haber flecos por donde atacar, por ejemplo, que haya algún vertedero a cielo abierto que pudiera ocasionar molestias o algo así.
2.- Animó a contratar a un equipo técnico incluido, y esto es lo más importante, a un abogado especialista en Medio Ambiente para elaborar un informe jurídico-medioambiental para ver la viabilidad del proyecto.
Me dijo que son proyectos difíciles de atacar puesto que hoy en día se hacen “maravillas”, según él. Esta persona participó en la redacción de un documento de diagnosis de una planta de este tipo en Vigo, no recuerdo exactamente de cual se trataba. El caso, y es lo que me llamó la atención, es que se consiguió echar abajo el proyecto porque se incluida un vertedero a cielo abierto que es una fuente de atracción de aves, y esta planta se ubicaba a pocos kilómetros del aeropuerto de Peinador. Es decir, que si a alguien no se le ocurre esa idea la planta se habría construido.
Le pregunté cual sería el presupuesto para la redacción de este estudio, me dijo que los que había participado él habían rondado los 20.000 €, incluido diagnóstico e informe jurídico previo y posterior estudio detallando situación actual y posterior. Es cuestión de constituir un fondo común.
B.- DESIGNACIÓN DE SUELO INDUSTRIAL
Otro frente de ataque sería sobre la asignación de suelo industrial en el ayuntamiento de Carballeda. ¿Sabéis si este ayuntamiento tiene plan general aprobado? ¿Se está a tiempo de recurrir el emplazamiento de este suelo industrial sea cual sea su destino?

Por último comentaros, que si no se logra nada se pidan contraprestaciones. La implantación de una industria de esta naturaleza produce como primer impacto la devaluación del precio del suelo.
Nada más, espero haber sido de ayuda.
Un saludo a todos.

11 Septiembre 2007 | 09:23 AM

sufranda

sufranda dijo

IM-PRE-SIO-NAN-TE as declaracións que fai Patxi Vázquez hoxe nos xornais: que non se vai a sentar con 10 do PP referindose o Foro, que si sempre estivemos de acordo co reciclaxe porque ahora non e que "eso" no va a contaminar nada de nada. Primeiro: o foro e unha organización plural na que non prima ningunha ideoloxia política; segundo unha cousa e que reciclemos e outra cousa e que nos queirades traer toda esa merda para nos e terceiro, debe ser vostede o único profesional da medicina que está a favor de instalar ese parque. E si hay 2 concellos en Galicia interesadísimos no parque por favor levadello para alí.
Gracias lola1. Sabemos que estamos loitando contra reloj. Pero tamen que o vamos a facer hasta as últimas consecuencias (legales, claro)

11 Septiembre 2007 | 09:48 AM

Treixadura

Treixadura dijo

Discrepo profundamente con algunas observaciones que le han hecho a Lola . La no emisión de gases , lo de plantas seguras y la depuración de lixiviados y olores. Incluso se ha comprabado que los depositos de seguridad ( vertederos escavados y con muchas medidadas de protección) tienen fugas al terreno y acuíferos. No conozco ninguna planta de tratamiento que produzca emisión 0 de gases , eso no exite . Los hechos estan ahi en todas las plantas de tratamiento de residuos. La teoria es una cosa y la practica otra. Eso es lo que venden las empresas " medioambientales " que se gastan un a pasta en cuidar su imagen y luego nos la cobran a precio de oro . Sobre todo para las poblaciones en las cuales se instalan. Al técnico le recomedaria que e diese una vueltecita por Nostian o Valdemingomez , solo para empezar el recorrido.

11 Septiembre 2007 | 12:23 PM

lola1

lola1 dijo

No puedo estar más de acuerdo contigo Treixadura, yo me he limitado a trasladaros lo que me han dicho. También he de decir que la persona con la que he hablado es geólogo y completamente imparcial en el tema.
Una cosa más, no hay difusión del tema fuera de la provincia de Orense. Es más, en su día apenas hubo difusión sobre lo que iban a hacer en Nostían, y Coruña huele a basura, o sobre Reganosa, y construyeron una regasificadoras pegada a núcleos de población. No interesa dar difusión a estos temas.
Por otro lado ¿es posible proponer otra ubicación donde haya comunicación por tren? eso abarataría mucho los costes de transporte de basura. Por ahí puede que se consiga algo.
Siento bombardearos con mis mensajes. Desde la distancia contáis con mi apoyo. ¿Para cuando una manifestación en Santiago? A esa me apunto.

11 Septiembre 2007 | 01:27 PM

Ribarravia

Ribarravia dijo

Suxiro non desvelar os posibles argumentos de ataque legal ao proxecto porcoambiental. As ideas propostas parécennos agudas, tanto que non sei se sería mellor comunicalas por e-mail a quen interese no canto de deixalas "en aberto" para que esa xentuza de impresentables corruptos que califican aos que se opoñen ao vertedoiro como "eses 10 señores do PP" se aproveiten delas.

Fixádevos como ata agora lograron TODO o que querían. Primeiro, a desinformación (con aparentes "concesións" ao longo do proceso, como aquela táctica do Pachi dicindo no Faro de Vigo algo tan incriblemente absurdo como "ante a oposición social decidimos non facer un parque ambiental, únicamente instalaremos empresas recicladoras" !!!!!).

Tamén logaron burdas pero eficaces descalificacións sobres membros destacados do Foro Social (o caso do Teñido de Lodairo contra o Portavoz do Foro); e, finalmente, a "neutralización moral" de todo o movemento (4.000 firmas, ecoloxistas, etc...) calificándoo de "10 señores del PP", coma se fose unha manobra típicamente política no canto dunha reivindicación maioritaria e máis que xusta.

Opino que mellor, as armas, engraxámolas na casa. Por se acaso...

Un saúdo.

11 Septiembre 2007 | 02:38 PM

Dabarca

Dabarca dijo

Argumentos ? todos contra o parque do lixo. O que se quere facer con esta terra e UN AUTENTICO ENSAÑAMENTO. Solo fai falta un pouco de sentido comun e querela un pouquiño para sair a rua o 15 e gritar NON. E digo un pouquiño porque si isto fose Cangas ou nos importase de verdade ,empezariamos a cortar autoestradas , queimar contendores do lixo e armar as de DIOS. O da basura na xunta esta moi ben , per eu empezaria pola casa do sr conselleiro e do milia. Eles non viven eiqui , nin viviran , os nosos fillos si, logo vendran outros e nos tragaremos o lixo e a contaminación. Teño moi claro que isto non se instalaria nunca en Allariz , nin Carballiño , como tampouco o levou o sr cuiña para Lalin.
Esta claro que O Ribeiro non ten padriños , mais ben sicarios.

11 Septiembre 2007 | 05:12 PM

sufranda

sufranda dijo

De acordo con todos, con Ribarravia no tocante a non deixar ver o que vamos a ter que facer como esto siga adiante. As descalificacións que utilizan son dun impresentable que asusta: "no me reuno con 10 del pp", é increible o que se pode chegar a argumentar cando non hai nada mellor que decir. "Los rancios del pp, os da extrema dereita, os fascistas do foro". Todo eso se nos leva chamado. Por qué? Será porque non teñen mais que intentar descalificarnos pola pertenencia ou non a unha determinada liña política porque os argumentos a favor non existen e o único que lles queda e restar credibilidade os que estamos no foro? Si esto é unha democracia que alguén me explique como o patxi do carallo di que non se reune con nos por que somos 10 do pp. Está demostrando o demócrata que é. O sábado a berrar non a merda esa, todos os do Ribeiro, sin colores polítcos, como sempre foi o foro. Con un único fin: non deixar que o futuro do Ribeiro quede asociado para sempre coa palabra vertedeiro. (ribarravia onte chorei coa risa o entrar na vosa páxina. A aparición da virxen o pastorciño non ten desperdicio. Sodes xeniais)

12 Septiembre 2007 | 12:57 PM

lola1

lola1 dijo

Solo un apunte. Estou dacordo con todo o que dicís, o único é que creo que os "actos", as manifestacións,... e todo o que se faga ten que ter un golpe de efecto. É dicir, non é o mesmo verter basura diante da Xunta que na casa particular do conselleiro ou do milia. O que se faga ten que ter a máxima repercusión e difusión posible, é a única forma de facernos escoitar. Pensade que nos enfrentamos á Xunta enteira, non a unha única consellería...
Moito ánimo.

13 Septiembre 2007 | 08:52 AM

sufranda

sufranda dijo

Gracias Lola1, sei que tes toda a razón, pero as cousas hainas que ir facendo seguindo uns pasos lóxicos. Primeiro escoitase, logo razonase, logo posicionase un, logo intentamos informamonos ben por ver si entendemos mal, logo concienciamos, logo manifestamonos e logo si no nos fan caso as medidas terán que ser mais contundentes. Perde cuidado que estamos a morte contra esto e non vamos a deixar que siga adiante. Os métodos serán determinados en asamblea e farase o que a maioria decida. Ese é o funcionamento do foro. Morreremos de pe, os arrodillados xa vemos que non están con nos. Os do Ribeiro podemos parecer mansos, parece que fagamos noso o "beatus ille" de Horacio. Pero temos unha fiera dentro que está empezando a sair. E pobre do que se nos poña por diante. Porque nolo vamos comer. Podelo ter por seguro. A loita non termina o 15. A loita empeza o 15. Un saúdo. E vente a manifestación.

13 Septiembre 2007 | 11:24 AM

Xosé Prieto Carreira

Xosé Prieto Carreira dijo

En Cospeito puxeron unha planta de residuos urbanos por medio do compost, implantouna unha empresa catalana chamada grupo tradebe a quenes lles concederon no 2005 unha axuda de 635.635 € (ver DOGA do 5 de xaneiro de2006) coa idea de crear 18 postos de traballo.
Na actualidade a empresa está emitindo uns cheiros cada pouco tempo que disminúen a calidade de vida da xente que vive por ali cerca. Os postos de traballo creados polo momento son segundo o alcalde 8 e segundo os veciños 5.

Esta planta non vai traer ningún desenvolvemento para a vila de Cospeito e por riba está situada a 3 km da lagoa de Cospeito.

Onde teñen que poñer estas plantas son nas zonas onde máis residuos producen. Véndenos a idea do equilibrio territorial para poñer empresas que non as queren nas cidades.

Se queres axudar na protesta envía o seguinte correo.

cospeito non pode soportar máis os cheiros que a súa empresa emite. Os veciños de cospeito non temos porque perder calidade de vida e respeten a miña cultura poñendo a páxina WEB en galego.

Vai ó enderezo www.grupo-tradebe.com e dende ali pódela enviar .

moitas grazas

16 Septiembre 2007 | 07:01 PM

lola1

lola1 dijo

Y porqué no declarar la comarca del Ribeiro Patrimonio de la Humanidad? al menos presenar la solicitud... el caso es dar publicidad y que la gente mire hacia aquí.
Por cierto, enhorabuena por la manifestación.... Pero sigo insitiendo que fuera de Orense no hay noticias vuestras... seguir presionando en medios de comunicación... Claro que, se comenta por ahí, se dice que la consellleira de vivenda, Mª Teresa Táboas, sale con Emilito Rey, de la Voz de Galicia...
Con lo cual intentarlo con más medios de comunicación, la radio tiene mucha difusión, probar con la SER, COPE galicia... lo que sea pero no estéis callados.
Un saludo a todos

18 Septiembre 2007 | 09:02 AM

Pilar Garrido

Pilar Garrido dijo

Con respecto al comentario de Xosé Prieto Carreira desearía apuntar varias cosas:

1. Considero que están fuera de lugar sus apreciaciones ya que, este blog y la asociación no fueron creados con el fin de defender sus intereses personales. En todo momento, el resto de personas se ha referido a la comarca de Ribadavia.

2. Como comprenderá, no todas las empresas comienzan siendo una gran multinacional con cientos de empleados. Para llegar a ello deben de empezar desde abajo.
Comprendo que todo esto es difícil de entender para un funcionario que comienza trabajando en una empresa (que pagamos todos) y que, sabemos, es difícil que quiebre.
Con todo esto, lo que quiero decirle es que, con independencia de los trabajadores que conformen esa empresa en la actualidad; en un futuro, si ustedes les dejan trabajar, podrán llegar a ser 18 ó más.

3. La empresa tiene constancia de que emite malos olores (pendientes de solucionar, como ya se les informó en el pleno) pero no, de que éstos llegaban hasta donde usted reside habitualmente, que no es Cospeito (pese a que tenga una vivienda allí)

4. Lo más molesto, es que se tome esto como un tema político.
Armando Castosa (alcalde del PP) podrá tener su parte de "culpa" al consentir a la empresa asentarse en dicho suelo. Pero Manuel Vázquez Fernández (Conselleiro de Medio Ambiente del PSOE) dijo refiriéndose a la misma: " Temos que poñer en marcha as mellores tecnoloxías no tratamento de residuos e esta planta é un claro exemplo" 21/07/06
Por último me gustaría que echara un vistazo al Diario Oficial de Galicia nº 43 del día 02 de marzo de 2004 en sus páginas 4 y 34. Allí podrá ver que, por omisión (podría haber reclamado en los plazos y formas indicados) es tan culpable como los políticos anteriormente mencionados.

5. Recordarle, a usted que tan ofendido se siente por el daño hecho a su cultura, que en Galicia tanto el castellano como el gallego son lenguas oficiales.
Es lógico que una empresa con sede en cataluña opte por tener su web en idiomas tan utilizados como el inglés y el francés y las dos lenguas oficiales de su Comunidad.

Seguro que ni usted tiene toda la razón ni yo tampoco, lo que quiero que comprenda es que no todo es tan negro como lo pone usted (los comienzos nunca fueron buenos) ni tan blanco como lo pinto yo, pero para eso se inventaron los grises...

Un saúdo.

24 Septiembre 2007 | 10:24 PM

maquians

maquians dijo

Repulsivo el anuncio de la Plataforma SI en la Serrrr. ¿ Como se puede jugar con el trabajo y la emigracion para defender el Parque de la mierda y no dar explicación del mismo ? Si alguien sabe quien compone esa plataforma sería bueno que lo contara, ya que hasta la fecha publicamente solo se sabe de tres personas, el secretario de organización provincial del Psoe, el Concejal de Servicios y Secretario del Psoe de Ribadavia, y una candidato de la lista del Psoe en las municipales de Ribadavia ¿Hay alguien más?

5 Octubre 2007 | 07:18 PM

Xosé Prieto

Xosé Prieto dijo

Dende logo non quero entrar en cuestións persoais para responderlle a Pilar Garrido. O comentario que fixen foi para informar á xente de Ribadavia de que en Cospeito existe un grave problema de cheiros emitidos por unha planta de compostaxe de residuos (lodos industrais e outros), e tamén quixen buscar apoios para solucionar un problema que xa temos.

O problema apareceu a mediados de xullo e aínda hoxe (día 7 de outubro) está sen solucionar e foi denunciado por numerosas persoas.

Se collen a alguén con unha troita de menor tamaño do permitido métenlle unha multa (cousa que me parece ben), pero que unha empresa emita cheiros que dimunúen a nosa calidade de vida parece ser que non lle pasa nada e por riba para algúns ou algunhas a responsabilidade é nósa.

7 Octubre 2007 | 06:25 PM

Foro para Xoxe Prieto

Foro para Xoxe Prieto dijo

Agradecemos moito os teus comentarios , para nós e moi importante as opnións da xente que vive preto das instalacións onde se tratan residuos. Comentas que en Cospeito tratan lodos industrias . Se tes mas información nos gustaria falar mais a fondo sobre este tema:

oribeiro.foro@gmail.com

7 Octubre 2007 | 10:48 PM

wanda

wanda dijo

Non estou de acordo con que se difunda informacion mediante internet porq1ue estou segurisima de que non estan perdendo nin un solo dos nosos movementos para manteñerse informados. Aqui hai moito en xogo e deberiase levar da forma mais oculta que se poidera. Eu solo me fago unha pregunta si o noso querido alcalde se hubera oposto a esto dende un principio apollandonos creedes que nos atopariamos ahora tal como estamos.E eu preguntome por que alguien de Ribadavia de toda a vida co negocio en Ribadavia ten tanto interes en que se monte algo que hasta fai tan pouco era inimaxinable para Ribadavia si ter minimamente en conta a opinion dos que el sabe son moitos dos seus votantes.

21 Noviembre 2007 | 08:33 PM

wanda

wanda dijo

O outro dia quedei estupefacta cando vin un letreiro de parque medioambiental si.Demostrase asi a intelxencia dos nosos politicos que para facernos a guerra limitanse a facer unha penosa copia do que nos ideamos .PLATAFORMA DO NO-PLATAFORMA DO SI. CHARLAS DO NO-CHARLAS DO SI.FRAGMENTO DE ROSALIA DE CASTRO DO NO-IDEM DO SI .Hasta nin se molestaron en escoller a outro poeta.PANCARTAS DO NO-PANCARTAS DO SI.Nin unha sola idea e da sua colleita e para rematar bombardeo de anuncios a favor do parque que a min me gustaria saber quen os paga por que eu non quero o parque e non quero que salga nin un solo centimo do meu bolsillo para apollar esa merda.Espero que algun dia nolo espliquen.Dende aqui un consello a plataforma do si osea a Marcos Miguel etc empezade a demotrar que sabedes pensar ou sinon vamos a creer que a plataforma do si e mais intelixente.....

2 Diciembre 2007 | 01:31 AM

sufranda

sufranda dijo

Esto éche como cando un vai ben disfrazado a unha festa e ven o listiño de turno e descubreo. A reacción que teñen os do si e un continuo rebuzno. Non articulan un puto razoamento razoable (valga a redundancia) As veces penso que o teñen que facer a propósito porque non se pode ser tan absolutamente imbécil. Vexoos e recordame o pobo aleman xaleando a Hitler. Non pensan, non saben, nin queren pensar. O de rectificar é de sabios ben saben que non vai con eles. Son estúpidos, son noxentos, son repelentes, fan xogo co que nos queren traer. Queren vixilar os nosos xenios que saen en tele arnoia a sacarlles os colores. Porque si de algo se caracterizan os do NON e da claridade das nosas exposicións. Verdade tras verdade. E eles mentira tras mentira, silenzamento, censura dos medios amigos, propaganda e mais propaganda, porque pensan que si unha mentira se di mil veces empeza a ter visos de verdade. Pois non: unha mentira solo é unha mentira e os do SI non fan mais que repetilas: Non vai a haber nin un kilo de basura, non vai haber vertedeiro, non vai a contaminar. PARQUE DA MERDA NON.

6 Diciembre 2007 | 10:09 PM

la madre del topo

la madre del topo dijo

o rexaza toda europa pero quen si non nos temolo q haceptar.... pois no parque medioambiental NON

20 Diciembre 2007 | 11:04 PM

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera