O FRAUDE DO LIXO
E despois das moitas manifestacións artístico-culturais do veran no Ribeiro , voltamos a seguir coa nosa actividade informativa sobre o tema da xestión do lixo e refugallos . Nesta ocasión mostramos un vídeo moi ilustrativo colgado en YouTube sobre o fraude do lixo na planta da Cañada Hermosa en Murcia . As imaxenes son espeluznantes , motivo de reflexión , unha mostra mais da complexidade e as consecuencias caóticas que xiran o redor do tratamento do lixo. Unha imaxen vale mais que mil palabras. Por todo iso e moito mais: PARQUE MERDOAMBIENTAL NO RIBEIRO NON.
http://www.youtube.com/watch?v=kDkfuGx-oW8
E curioso coma un vertedoiro chamanlle " Cañada Hermosa " , o mesmo que en Carballeda de Avia , o parque do lixo poñenlle o nome de Parque Medioambiental.
O vertedoiro da Cañada Hermosa e a planta de refugallos de Ulea foron infraestructuras financiadas por Fondos Europeos e o Goberno regional vendeunas comas maís modernas de Europa . O vídeo amoxa a realidade actual.
