La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

20 Julio 2007

VERTEDOIRO DE CARBALLEDA . A CATÁSTROFE SILENZOSA

10 RAZÓNS PARA NON TRAGAR

1.- O Vertedoiro é ilegal.


A Lei prohíbe as actividades molestas, tóxicas, insalubres ou perigosas a menos de 2 Km das áreas poboadas. Para colmo, afectará espazos naturais protexidos.

2.- As industrias do Vertedoiro non son necesarias para o Ribeiro.

A nosa Comarca atópase no eixo Vigo-Ourense e dispoñemos dos poucos espazos que quedan libres para que se instalen industrias sanas con bos empregos (San Cristovo, Melón, A Cañiza…)

3.- Se nos ocultan datos: a táctica de sempre.

Os promotores fan publicidade ocultando os datos negativos. Trátase de abortar as reaccións a tempo: a mesma táctica usada en cerceda e Nostián.

4.- Ofreceranse empregos moi insanos e mal pagados.

Os traballadores inhalarán en todo momento esporas, restos orgánicos e sustancias canceríxeñas. Ademais, deixaranlles os postos peor pagados: vixilancia, separación manual de residuos, etc. Os informes do Ministerio de Traballo sobra a saúde laboral deste sector son inequivocamente negativos.

5.- As nosas propiedades perderán moito valor.

A venda de terras e vivendas nas localidades próximas a estas instalacións diminúe drásticamente por culpa dos cheiros insoportables, do axetreo e polo elevado risco de padecer enfermidades.

6.- É un proxecto profundamente inxusto: o Ribeiro será un ruinoso vertedoiro para que prosperen as industrias do sur.

A única preocupación da Xunta é librarse dos refugallos das empresas do sur galego: se estas industrias melloran os índices económicos, o grupo gobernante obterá vantaxes electorais.

Ademais, a elección desta Comarca baséase unicamente no aforro en transportes (autovía). Sobran os espazos deshabitados, pero destruírnos resúltalles extremadamente lucrativo.

7.- A pranta será un descomunal experimento de eliminación de residuos difíciles.

Non existen antecedentes de reciclaxe de materiais perigosos a un nivel tan inmenso.

Nin a máis avanzada tecnoloxía recicladora pode eliminar totalmente os residuos: unha cantidade crecente de elementos tóxicos queda sen tratar e, frecuentemente, fora de control. Ademais, os filtros que limitan as emisións (moi caros), sufren frecuentes averías que tardan en repararse.

As 302.000 toneladas de lodos anuais desprenderán intensos cheiros e elementos nocivos: está demostrado que o “secado en túnel” non consegue evitalo.

O compost de mala calidade obtido na reciclaxe acumúlase porque ninguén o quere: en Nostián xa non teñen onde metelo.

A “gasificación por plasma” é realmente unha incineración encuberta que lanza ao aire abundantes elementos dañinos.

Máis de 500 camións descargarán diariamente residuos urbanos e industriais: con ese inmenso volume é imposible que non se produzan verquidos.

O río Avia será desecado cando se utilice nas tarefas de mantenemento do inmenso complexo industrial.

Enormes depósitos de disolventes químicos crearán perigo de explosión. Este tipo de alertas xa se ten producido.

Algos cargos da Xunta recoñecen que na “Estación de Transferencia” se van almacenar importantes cantidades de residuos tóxicos e perigosos en espera de destino.

Toneladas de refugallos non aproveitables se enterrarán nas inmediacións. As propias autoridades recoñecenq ue isto está a ocorrer en Cerceda e que resulta inevitable.

8.- Suporá un enorme retroceso para bodegueiros e viticultores.

A Denominación de Orixe do Ribeiro carecerá dun entorno natural de apariencia higiénica. Se deteriorará o prestixio e a imaxe de calidade dos nosos viños.

9.- Destruirá a actividade turística e comercial.

A natureza, o patrimonio histórico e o turismo termal, coa actividade comercial asociada, son boas bazas para o Ribeiro. ¿Qué podería ofrecer unha Comarca nauseabunda que vide de tratar residuos?

10.- O ambiente pestilente e o risco de enfermedades forzará a moitos veciños a abandoar as súas casas.

Ventilar unha casa ou pasear pola rúa resultará moi desagradable a todas as horas do día, pero, sobre todo, viviriamos baixo a ameaza científicamente demostrada de padecer enfermedades respiratorias, cancro e malformacións conxénitas.

    • A propaganda emitida pola Xunta, onde se amosa unha impoluta “Pranta Medioambiental” que nos vai sacar da miseria, supón un insulto á nosa inteligencia e á nosa dignidade.
    • Non hai “imperiosa” necesidade de emprego: as empresas boas xa están a cegar de todos os xeitos grazas á nosa ubicación privilegiada.
    • Do que si ten a Xunta “imperiosa” necesidade é de que as industrias do sur galego prosperen para mellorar os seus datos macroeconómicos. E quéreno facer arruinando totalmente unha Comarca moi habitada que goza dunha inestimable riqueza patrimonial e natural.
    • Acolleremos todas as augas residuais e a metade do lixo industrial de todo o sur de Galiza. Niguén nos seus cabais pode crer que un vertedoiro tan monstruoso non vaia producir gran contaminación no aire e nas augas.
    • ¿Merece a pena tragar esa limosna-trampa do “Parque Medioambiental”? ¿Aceptas un desastre sanitario e ecolóxico a cambio de catro empregos terceiromundistas?

>> INFÓRMATE

>> ASINA EN CONTRA DO PARQUE

>> FALA COS TEUS VECIÑOS

>> FAITE OÍR.

Esta mensaxe, elaborada e editada pola Revista web RIBARRAVIA conta co apoio e o asesoramento do FORO SOCIAL “TEMOS DEREITO A SABER”

servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera