La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

« 2 | Inicio | O RIBEIRO »

5 Junio 2007

A REGANOSA DO INTERIOR

Como está a ocorrer no Ferrol, no Ribeiro intentan facer un Parque Ambiental para a reciclaxe de materiais contaminantes. Unha vez máis a elección do lugar por parte dos nos@s polític@s non concorda cos desexos dos seus moradores, porque non ten lóxica; e a falta de lóxica d@s nos@s representantes é a que soe xerar grandes mobilizacións, así como as posturas inamovibles coas que ás veces nos obsequian. Non é de recibo que a planta de recepción dos residuos industriais do Sur de Galicia nos toque precisamente á provincia menos industrializada. Carece de sentido común que non se busque unha ubicación lonxe de nucleos de poboación e de zonas de gran dependencia da terra coma no caso da nosa bisbarra. Non nos vendan o producto con postos de traballo porque moitos serán tamén os que se perdan en turismo rural, agricultura ecolóxica... Por que o rural ten que ser a solución da industria das cidades? Queridos ribeiraos, hai 40 anos nos expoliaron coa construcción do encoro de Castrelo de Miño e en plena dictadura loitouse contra el. Que a democracia non nos volva mansos.

CARTAS AL DIRECTOR :: lavozdegalicia.esLunes, 4 de Junio de 2007
http://www.lavozdegalicia.es/cartasaldirector/cartasaldirectorampliar.jsp?carta=carta857.txt

servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados

« 2 | Inicio | O RIBEIRO »


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense) frente a instalación de unha macroplanta de tratamento de residuos en Carballeda de Avia. Na actualidade este foro xa non está activo posto que o proxecto de Carballeda foi rexeitado. Este blog e toda a información que foi recollendo queda a disposición de todas aquelas persoas que queiran consultalo e que poidan atoparse ante unha siuación parecida. naturaribeiro@gmail.com naturaribeiro

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera