La Coctelera

Foro O Ribeiro

TEMOS DEREITO A SABER plataforma ciudadá en defensa da comarca do Ribeiro

29 Marzo 2007

TEMOS DEREITO A SABER

O día 10 de marzo de 2007 se constituíu o FORO SOCIAL TEMOS DEREITO A SABER, que pretende aglutinar a todas as asociacións de empresarios, asociacións ecologistas, asociacións veciñais e demais grupos representativos da sociedade civil do Ribeiro, así como a todos os veciños/as que o onsideren oportuno, co fin de obter dos organismos públicos responsables a máxima información relativa ao Parque de Tratamento y (ou) reciclaxe de refugallos en Carballeda de Avia. A consecución desta información é o obxectivo fundamental do FORO.

Co fin de que os veciños/as do Ribeiro poidamos formarnos unha opinión sobre a oportunidade da instalación dun Parque de Tratamento e (ou) reciclaxe de refugallos en Carballeda de Avia e perante a falta de concreción da información existente, consideramos necesario clarificar canto antes as actividades que se van realizar no mencionado Parque, como paso previo a un posicionamento respecto a este. Neste senso, entendemos absolutamente necesario que as consellerías competentes, particularmente a Consellería de Medio Ambiente, subministren por escrito información que conteste as seguintes preguntas:

PREGUNTA PRINCIPAL 1:

VAN ENTRAR NO PARQUE DE CARBALLEDA DE AVIA REFUGALLOS SÓLIDOS URBANOS E /OU REFUGALLOS INDUSTRIAIS? VAN ENTRAR REFUGALLOS PERIGOSOS?

Queremos como resposta SI ou NON, sen matizacións.

Se se contesta afirmativamente, pedimos que se aclaren as seguintes dúbidas:

1.a) Cal vai ser a procedencia xeográfica destes refugallos? Trataríase de todos os refugallos urbanos e industriais que se xeran no sur de Galicia? Pódese cuantificar o seu volume, polo menos dun xeito aproximado?

1.b) Os refugallos que se van traer ao Parque, procederán directamente dos colectores das poboacións ou das empresas que os xeran, ou serán previamente clasificados fóra do Parque?

Váiselle dar algún tipo de tratamento no Parque ou só se van clasificar para ser posteriormente remitidos a outros centros (SOGAMA) para o seu tratamento?

1.c) Se se instala unha planta declasificación, que refugallos se van clasificar? Que se vai facer cos rexeitados? Vanse acumular en vertedeiro dentro do propio Parque?

1.d) No caso de que se vaian empreñar refugallos sólidos urbanos e /ou refugallos industriais, cal vai ser a tecnoloxía empregada para o seu tratamento?.

En canto á fracción orgánica dos RSU ou dos refugallos industriais, van realizarse procesos de biometanización ou xeración de biogás? Vai realizarse compostaxe? De ser o caso, pedimos que se nos dea información sobre outras plantas de tratamento nas que se estean empregando estas tecnoloxías.

1.e) No caso de que vaian tratar refugallos sólidos urbanos e/ou refugallos industriais, que se vai facer co material sobrante ou de desfeito? Vai habilitarse un vertedeiro dentro do Parque ou vai trasladarse a outro lugar?

1.f) Cal vai ser o medio de transporte empregado para levar os refugallos dende o seu lugar de orixe ao Parque?. Se se vai empregar o camiño de ferro, en que estación se van descargar os refugallos? Por que estradas se van levar ao seu lugar de destino?.

2.a) Por que, entón, se recolle no Convenio asinado en data de 2 de marzo de 2007, que o obxecto do Parque é solucionar o problema do tratamento dos refugallos sólidos urbanos e industriais do sur de Galicia? Por que o presidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Medio Ambiente afirmaron que ese era o obxectivo do Parque?

2.b) Existealgunha garantia de que os refugallos sólidos urbanos e/ou os refugallos industriais nunca vaian ser obxecto de tratamento ou clasificación no Parque?

2.c) Existe algunha garantía de que non se vaian instalar empresas adicadas ao tratamento ou a clasificación de refugallos sólidos urbanos e/ou industriais nos arredores do Parque Medioambiental?

2.d) Se non van entrar refugallos sólidos urbanos e industriais para o seu tratamento, a que se van adicar as empresas que xa contactaron coa Consellaría para a súa instalación no Parque? Esiximos información polo miúdo da actividade que vai realizar cada unha destas empresas.

2.e) Exclúese en todos os procesos de reciclado e (ou) tratamento das empresas e plantas a instalar no Parque non só a incineración, senón tamén a valorización enerxética por combustión e, xa que logo, a liberación de gases á atmosfera? Vanse utilizar sistemas de gasificación ou vitrificación por plasma?

PREGUNTA PRINCIPAL 2

VAN ENTRAR NO PARQUE DE CARBALLEDA DE AVIA, LODOS DE DEPURADORAS. CAL VAI SER A PROCEDENCIA XEOGRÁFICA DESTES LODOS?. PÓDESE CUANTIFICAR O SEU VOLUME, POLO MENOS DUN XEITO APROXIMADO?

O FORO entende que a resposta a alguna destas preguntas aínda non se pode concretar, por referirse a temas técnicos ou a cuestións pendentes de resolver. Pero a cuestión de si no parque van entrar refugallos sólidos urbanos e/ou industriais asi coma os lodos de depuradoras, ten que estar xa resolta na medida en que afecta ó fin último do parque. Por elo SOLICITAMOS ás consellerías implicadas que, polo menos as preguntas que sinalamos como principais, se contesten por escrito no prazo máximo de sete días contados dende a fecha de recepción do presente documento.

TERCEIRO:

Co fin de que podamos facer un seguimento de todo o proceso, entendemos necesario que as consellerías implicadas nos faciliten un calendario máis ou menos aproximado, que recolla toda a tramitación a facer hasta a entrada en
funcionamiento do parque, en virtud da transparencia que en todo o procesa
anunciou o propio Conselleiro de Medio Ambiente.

En base ó exposto SOLICITAMOS

A MÁXIMA COLABORACIÓN DE TODOS

Tags: manifestos

servido por avia sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de avia

Foro O Ribeiro

ver perfil »
contacto »
O foro do Ribeiro TEMOS DEREITO A SABER naceu para defender recursos naturais e culturais da comarca do Ribeiro (Ourense). Si amas esta terra, eiquí recollemos algo que che interesa. Si ainda non a coñeces, aproveita este intre. Atoparasnos a veira do Avia e no correo: oribeiro.foro@gmail.com
  • Galeria de imaxenes
  • naturaribeiro

    Enlaces

    Buscar

    suscríbete

    Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

    ¿Qué es esto?

    Crea tu blog gratis en La Coctelera