Categoría: comunicados
16 Febrero 2009

Milleiros de persoas chegadas de toda Galiza convertiron a praza da Quintana nun escenario dende o que se clamou pola vida. A vida dos nosos mares e da nosa terra. A vida da nosa xente, dos coetáneos e dos vindeiros. Un berro que advirte aos gobernantes que non hai diñeiro suficiente para mercar o mellor patrimonio dos galegos. Que a dignidade non ten prezo. Escribía García Lorca que na Quintana dos mortos bailaba a triste lúa coronada de toxos. Hoxe foi o sol o que alumeou un acto no que se reivindicou a comunión do home co seu entorno.
"Como se pode comprar o azul do ceo ou a calor da terra? Quen pode vender o vento, as ondas do mar ou a luz do mencer? O ser humano non pode posuír a terra, como tampouco pode ser amo do ceo, do frescor do aire ou do brillo da auga. Nós somos unha parte da Terra, e ela é unha parte de nós".(1)
Por iso estamos aquí, para amosar que aínda mantemos intacta a nosa dignidade de pobo que non quere morrer. Para defender a paisaxe, a natureza, a Terra, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Para reclamar o noso dereito a unha terra viva e a unha vida digna.
Para berrar unha vez máis, con voz unánime, forte e clara:
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
Leer máis
servido por avia
sin comentarios
compártelo
25 Noviembre 2008
Declaraciones del presidente de la Plataforman del Sí ,el senador socialista, Miguel Fidalgo a la Voz de Galicia el 18-11-2008 tras la presentación de alegaciones por parte de este Foro y vecinos de a Comarca do Ribeiro contra el Plan Galego de Residuos Sólidos :
«O proxecto do parque ambiental de Carballeda de Avia vai para adiante e vaise facer».
«á oleada de mentiras que difunden os partidarios do non»
calificó las alegaciones como «unha nova maniobra para alimentar a súa propia mentira, primeiro creron que a Carballeda ía vir lixo e seguen a creelo para xustificar a súa oposición»,
«alí non vai a ver empresas de residuos. Eso son desvaríos do PP. No proxecto do Goberno da Xunta virán empresas para crear emprego e fomentara a investigación ambiental, as novas tecnoloxías do medio ambiente, e as inversións para O Ribeiro».
Declaraciones del presidente de Danigal , Jesus Alonso Villarón , a la Voz de Galicia el domingo 23-11-2008:

"¿Cuáles son los planes más inmediatos de la firma?
Estamos enfocando nuestra actividad hacia un proyecto muy innovador en Carballeda de Avia (Ourense) donde se va a poner en marcha el Paruqe Medioambiental de la Xunta.
Queremos una planta para transformar EL RESIDUO ORGÁNICO QUE LLEGA DE LOS DOMICILIOS en pienso para uso animal.
Será una planta única, DE LA QUE YA ESTAMOS REDACTANDO EL PROYECTO, porque permitirá reducir EL RESIDUO ORGÁNICO que va a las plantas de tratamiento"

La empresa Danigal SA lleva cuatro años gestionando residuos en Galicia y gestiona el macrovertedero de Areosa ( Sogama). Citar que siete cargos de dicha empresa estan imputados por el vertido al rio Lengüelle que ocasinó la muerte de centenares de truchas :
"la investigación apunta directamente a la firma Danigal y a la gestión que esta realiza del vertedero de Areosa (que recibe, entre otros, los residuos excedentes de Sogama). Según fuentes de EL CORREO GALLEGO, "siete trabajadores de Danigal han sido imputados por la Guardia Civil que les ha tomado también declaración. Actualmente, se espera el expediente de acusación de la Fiscalía y si este es atendido por el juez, pasarían a ser procesados". Asimismo, la investigación, con análisis del agua realizados por laboratorios universitarios de Galicia, "demuestran un delito de contaminación continuada en el arroyo de Queixas", el punto concreto del cauce donde se concentró el grueso del vertido que arrasó el Lengüelle."
El correo gallego
Declaraciones de este Foro a La Voz de Galicia :
«Ya no cabe hablar ni siquiera de doble lenguaje de la Xunta, sino triple. Medio Ambiente y el PSOE le dicen a los vecinos que aquí no viene basura, a los empresarios de residuos le debe decir lo contrario, y el BNG dice que si viene basura urbana no apoyan el parque, pero están prestos para aprobar el proyecto sectorial del parque a través de su Conselleria de Vivenda e Solo».
Desde el foro social, que apela de nuevo «al sentido común» de sus representantes políticos comarcales, para que «de una vez se posicionen del lado del pueblo y dejen a un lado intereses partidistas en un asunto que de forma tan negativa puede afectar a esta comarca», critica que tanto el alcalde de Carballeda como la Plataforma del Sí al parque, afirmen de forma reiterada que a Carballeda de Avia «no vendrá ni un gramo de basura, acusando de mentirosos y cínicos a los miembros de este foro, sin embargo Danigal parece tener muy claro donde se va instalar su planta, de la que está ya redactando el proyecto».
servido por avia
3 comentarios
compártelo
13 Enero 2008
en vez do plano estratégico presenta-se iste:
proxecto sectorial (pdf, vinte páxinas)
pódense enviar alegacións dende este
formulario de participación
¡alega!
- por os riscos para saude de nenos e ancians que estudan e viven nas inmediacións
- por a proximidade a poboacións
- por os daños ao viño e a imaxe da comarca
- por osabusos das augas das quebebe a comarca
- por o destrozo dunha inmensa masa forestal
- por as mil razóns que non aconsellan usar as saídas que xa hay das autovías pasando da xente e do medioambiente
- etc
Un dous veciños presenta esta alegación
servido por avia
sin comentarios
compártelo
9 Mayo 2007
1º.- A día de hoxe, e coa documentación oficial existente sobre o proxecto, o FORO ten a certeza de que o que se pretende instalar é un centro de tratamento de residuos de todo tipo xerados na franxa sur de Galicia, a saber, ao redor de dous millóns e medio de toneladas anuais (529 camións de residuos ao día) de:
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, ACEITES VEXETAIS E MINERAIS, APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS, DISOLVENTES, METAIS E COMPOSTOS METÁLICOS, PNEUMÁTICOS FÓRA DE USO, PAPEL E CARTÓN, PLÁSTICOS, TÓNER E CARTUCHOS DE TINTA DE IMPRESIÓN, ÁCIDOS E BASES, PLANTA DE LODOS.
(Sabemos que tipo de refugallos se van tratar no parque de Carballeda polos documentos oficiais existentes: información na páxina web da Consellaría de Medio Ambiente, o convenio asinado co Concello de Carballeda e o estudo de viabilidade do parque).
NINGÚN DOS RESPONSABLES POLÍTICOS COS QUE FALAMOS OU ASISTIRON Á NOSA XUNTANZA DO 21 DE ABRIL DESMENTIU POR ESCRITO E DE XEITO OFICIAL ESTE OBXECTIVO. NÓS NON PODEMOS FACER ACTOS DE FE ANTE UN ASUNTO DESTA TRANSCENDENCIA.
2º.- Fronte a este proxecto, a posición do FORO é a seguinte:
Os cidadáns que integramos o FORO somos conscientes do grave problema que supoñen os refugallos e o seu tratamento.
O FORO NON se opón ao tratamento e/ou reciclaxe dos refugallos nin pretende que o problema se leve a outro lugar do noso país.
Consideramos que existen outras alternativas para o seu tratamento. Basicamente, e á marxe das tecnoloxías empregadas, pódese optar entre un modelo centralizado onde todas as empresas dedicadas ao tratamento dos refugallos se concentran nun só lugar (tipo SOGAMA) ou un modelo de plantas de ámbito comarcal que permita acercar o tratamento dos refugallos á súa orixe. En definitiva, un modelo descentralizado, alternativa ésta última defendida polos grupos ecoloxistas.
O FORO SI se opón:
- Á centralización no tratamento e reciclaxe dos refugallos que supón o parque de Carballeda na súa formulación actual.
- A que, se ao final a centralización é o modelo elixido pola Xunta para os refugallos do noso país, isto se faga no lugar actualmente previsto. Non estamos de acordo con que a planta se instale en Carballeda de Avia polos problemas medioambientais e de saúde pública que se poderían causar. Non esquezamos a perigosa cercanía do emprazamento previsto a núcleos de poboación importantes (ata 10 núcleos no contorno dos dous mil metros de distancia ás instalacións). Así mesmo, entendemos que supón un ataque frontal á riqueza paisaxística, cultural, turístico-termal, enolóxica e empresarial da nosa comarca. Non estamos nunha zona deprimida na que non haxa máis alternativas empresariais.
POLO TANTO, MANIFESTAMOS A NOSA OPOSICIÓN FRONTAL Á ACTUAL PROPOSTA DE INSTALACIÓN DO MACROCOMPLEXO DE TRATAMENTO DE REFUGALLOS URBANOS e INDUSTRIAIS E LODOS DE TODO O SUR DE GALICIA EN CARBALLEDA DE AVIA.
3º.- Pedimos, con carácter inmediato, un posicionamento claro e oficial dos grupos políticos municipais de todos os concellos da comarca, xa que un tema desta transcendencia, que de seguro cambiará para sempre a faciana do Ribeiro, non pode minimizarse nin aprazarse á espera do devir da súa tramitación administrativa.
4º.- Este foro acepta expresamente a invitación da Consellaría de Vivenda e Solo para participar, xunto coa Consellaría de Medio Ambiente, no debate sobre o Proxecto Sectorial do parque de Carballeda de Avia. Este proxecto sectorial está destinado a concretar todo o relativo ao Parque. O noso propósito é iniciar as conversas para valorar a conveniencia da súa instalación ou non, contando con que temos argumentos suficientes para evitar a súa construción segundo hoxe se contempla. Non debemos esquecer que esta instalación debe facerse no marco da planificación global de aprobación do plan de tratamento de residuos de Galicia, sen que se acepte por este FORO unha concentración de empresas dedicadas ao tratamento de residuos como a que se pretende no proxecto actual.
PEDIMOS ÁS CONSELLARÍAS IMPLICADAS UN COMPROMISO POR ESCRITO DE PARALIZACIÓN DA TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA DO PARQUE NA SÚA CONCEPCIÓN ACTUAL ATA QUE SE PRODUZA ESTE DEBATE.
5º.- Este documento convertirase no noso manifesto para que, a través da súa sinatura e adhesión, os veciños, colectivos do Ribeiro e demais persoas poidan solidarizarse con el.
servido por avia
sin comentarios
compártelo
1 Mayo 2007
Manifestamos a nosa preocupación pola instalación na Comarca do Ribeiro dun gran Parque Empresarial específicamente adicado á reciclaxe e recollida de lixo procedente da Galiza Sur. Está previsto que cheguen ao parque cerca de 2 millons de Tm de residuos industriais e cerca de medio millón de residuos sólidos urbanos (RSU), en definitiva, os residuos de todo o sur de Galiza.
Consideramos que nunha comarca tan rica en producción agraria, onde o viño alcanza a sua máxima calidade (o ribeiro foi nomeado mellor viño de Galiza nas catas oficiais de viños da Xunta dos tres últimos anos), e tan rica en oferta turística de calidade (casas rurais, balnearios, etc.) unha industria deste tipo vai representar unha merma nos seus recursos económicos tradicionais.
O tratamento dos residuos é necesario para solucionar o problema do lixo, tanto de orixe urbana como industrial e sanitaria. Mais non dun xeito centralizado. Muitos dos residuos que se prevé
tratar neste parque, a saber: aceites minerais, disolventes, metais pesados, ácidos e bases…, segundo figura no documento entregado ao público pola Conselleria de Medio Ambiente, teñen o calificativo de tóxicos ou perigosos.
Nós, dende o Foro Social e as asociacións ecoloxistas, rexeitamos a ubicación do Parque nesta zona por:
1.- A cercanía
das instalacións a núcleos habitados nun radio inferior a 2000 m:
Rivadavia, S. Cristobo, Carballeda de Avia, A Quinza, San Paio, San Esteban de Nóvoa, etc.
2.- A potencialidade da comarca baseada na sua riqueza en recursos naturais: paisaxe, industrias vitivinícolas, turismo de calidade, que pode ficar agredida pola instalación do parque.
3.- A potencial toxicidade dalgúns dos residuos que se prevé tratar aquí.
4.- A perda do valor comercial dos produtos e propiedades da zona.
5.- Xera desconcerto que a liña fundamental proposta polo Governo da Galiza, para o futuro unha comarca agrícola como o Ribeiro, sexa o tratamento de residuos orixinados principalmente nas cidades. Defendemos a descentralización da xestión dos residuos que se xeneren. Estes deben de ser tratados perto da súa orixe (principio de proximidade), como din as directivas europeas e os principios de desenvolvimento sustentábel e corresponsabilidade ambiental. Demandamos da Administración un Plano de Residuos para Galiza acorde coas necesidades actuais baseado nun estudo previo rigoroso e coherente.
Foro Social “Temos Dereito a Saber”
ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza)
Asociación Ecoloxista Ridimoas
Noticia en ADEGA
Noticia en VIEIROS
servido por avia
68 comentarios
compártelo
29 Marzo 2007
O día 10 de marzo de 2007 se constituíu o FORO SOCIAL TEMOS DEREITO A SABER, que pretende aglutinar a todas as asociacións de empresarios, asociacións ecologistas, asociacións veciñais e demais grupos representativos da sociedade civil do Ribeiro, así como a todos os veciños/as que o onsideren oportuno, co fin de obter dos organismos públicos responsables a máxima información relativa ao Parque de Tratamento y (ou) reciclaxe de refugallos en Carballeda de Avia. A consecución desta información é o obxectivo fundamental do FORO.
Co fin de que os veciños/as do Ribeiro poidamos formarnos unha opinión sobre a oportunidade da instalación dun Parque de Tratamento e (ou) reciclaxe de refugallos en Carballeda de Avia e perante a falta de concreción da información existente, consideramos necesario clarificar canto antes as actividades que se van realizar no mencionado Parque, como paso previo a un posicionamento respecto a este. Neste senso, entendemos absolutamente necesario que as consellerías competentes, particularmente a Consellería de Medio Ambiente, subministren por escrito información que conteste as seguintes preguntas:
PREGUNTA PRINCIPAL 1:
VAN ENTRAR NO PARQUE DE CARBALLEDA DE AVIA REFUGALLOS SÓLIDOS URBANOS E /OU REFUGALLOS INDUSTRIAIS? VAN ENTRAR REFUGALLOS PERIGOSOS?
Queremos como resposta SI ou NON, sen matizacións.
Se se contesta afirmativamente, pedimos que se aclaren as seguintes dúbidas:
1.a) Cal vai ser a procedencia xeográfica destes refugallos? Trataríase de todos os refugallos urbanos e industriais que se xeran no sur de Galicia? Pódese cuantificar o seu volume, polo menos dun xeito aproximado?
1.b) Os refugallos que se van traer ao Parque, procederán directamente dos colectores das poboacións ou das empresas que os xeran, ou serán previamente clasificados fóra do Parque?
Váiselle dar algún tipo de tratamento no Parque ou só se van clasificar para ser posteriormente remitidos a outros centros (SOGAMA) para o seu tratamento?
1.c) Se se instala unha planta declasificación, que refugallos se van clasificar? Que se vai facer cos rexeitados? Vanse acumular en vertedeiro dentro do propio Parque?
1.d) No caso de que se vaian empreñar refugallos sólidos urbanos e /ou refugallos industriais, cal vai ser a tecnoloxía empregada para o seu tratamento?.
En canto á fracción orgánica dos RSU ou dos refugallos industriais, van realizarse procesos de biometanización ou xeración de biogás? Vai realizarse compostaxe? De ser o caso, pedimos que se nos dea información sobre outras plantas de tratamento nas que se estean empregando estas tecnoloxías.
1.e) No caso de que vaian tratar refugallos sólidos urbanos e/ou refugallos industriais, que se vai facer co material sobrante ou de desfeito? Vai habilitarse un vertedeiro dentro do Parque ou vai trasladarse a outro lugar?
1.f) Cal vai ser o medio de transporte empregado para levar os refugallos dende o seu lugar de orixe ao Parque?. Se se vai empregar o camiño de ferro, en que estación se van descargar os refugallos? Por que estradas se van levar ao seu lugar de destino?.
2.a) Por que, entón, se recolle no Convenio asinado en data de 2 de marzo de 2007, que o obxecto do Parque é solucionar o problema do tratamento dos refugallos sólidos urbanos e industriais do sur de Galicia? Por que o presidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Medio Ambiente afirmaron que ese era o obxectivo do Parque?
2.b) Existealgunha garantia de que os refugallos sólidos urbanos e/ou os refugallos industriais nunca vaian ser obxecto de tratamento ou clasificación no Parque?
2.c) Existe algunha garantía de que non se vaian instalar empresas adicadas ao tratamento ou a clasificación de refugallos sólidos urbanos e/ou industriais nos arredores do Parque Medioambiental?
2.d) Se non van entrar refugallos sólidos urbanos e industriais para o seu tratamento, a que se van adicar as empresas que xa contactaron coa Consellaría para a súa instalación no Parque? Esiximos información polo miúdo da actividade que vai realizar cada unha destas empresas.
2.e) Exclúese en todos os procesos de reciclado e (ou) tratamento das empresas e plantas a instalar no Parque non só a incineración, senón tamén a valorización enerxética por combustión e, xa que logo, a liberación de gases á atmosfera? Vanse utilizar sistemas de gasificación ou vitrificación por plasma?
PREGUNTA PRINCIPAL 2
VAN ENTRAR NO PARQUE DE CARBALLEDA DE AVIA, LODOS DE DEPURADORAS. CAL VAI SER A PROCEDENCIA XEOGRÁFICA DESTES LODOS?. PÓDESE CUANTIFICAR O SEU VOLUME, POLO MENOS DUN XEITO APROXIMADO?
O FORO entende que a resposta a alguna destas preguntas aínda non se pode concretar, por referirse a temas técnicos ou a cuestións pendentes de resolver. Pero a cuestión de si no parque van entrar refugallos sólidos urbanos e/ou industriais asi coma os lodos de depuradoras, ten que estar xa resolta na medida en que afecta ó fin último do parque. Por elo SOLICITAMOS ás consellerías implicadas que, polo menos as preguntas que sinalamos como principais, se contesten por escrito no prazo máximo de sete días contados dende a fecha de recepción do presente documento.
TERCEIRO:
Co fin de que podamos facer un seguimento de todo o proceso, entendemos necesario que as consellerías implicadas nos faciliten un calendario máis ou menos aproximado, que recolla toda a tramitación a facer hasta a entrada en
funcionamiento do parque, en virtud da transparencia que en todo o procesa
anunciou o propio Conselleiro de Medio Ambiente.
En base ó exposto SOLICITAMOS
A MÁXIMA COLABORACIÓN DE TODOS
servido por avia
sin comentarios
compártelo